27/11/15

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



Xesgalicia, SGEIC, S.A.U.: convocatoria dun posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a financeiro/a e de control)


ANUNCIO da convocatoria dun posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a financeiro/a e de control).
O Consello de Administración de Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., en relación coa contratación dunha persoa para dar cobertura ao posto de director/a financeiro/a e de control, adoptou os seguintes
ACORDOS:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I deste anuncio. O director/a financeiro/a e de control depende orgánica e funcionalmente do/a director/a xeral.
Segundo. Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.
Para participar nesta convocatoria os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín: convoca concurso público para a contratación de persoal docente


ANUNCIO do 18 de novembro de 2015 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (praza de código 05-PCD-01 e catro máis).
A Dirección do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) na Escola Naval Militar de Marín (en diante, ENM), no uso das súas competencias, con base na disposición adicional vixésimo terceira (cobertura das necesidades de persoal docente dos centros universitarios da Defensa) da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, e de acordo coa oferta de emprego público publicada segundo a disposición derradeira primeira do Real decreto lei 6/2015, do 14 de maio, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público, polo procedemento de urxencia, para cubrir as necesidades docentes existentes mediante a contratación en réxime laboral de persoal docente, para as seguintes categorías:
Categoría de profesor
Número de prazas
Profesor contratado doutor
5
Este concurso rexerase polo disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como polo Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992), e pola normativa reguladora do procedemento para a provisión de prazas de persoal docente e investigador do CUD na ENM, aprobada na reunión do Padroado do 8 de marzo de 2010.
A información completa (as bases da convocatoria, o modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar, así como na páxina web do Centro Universitario da Defensa (http://cud.uvigo.es «Persoal-Persoal docente e investigador (PDI)-Concursos de profesorado-Concursos de profesorado fixo»). As solicitudes, xunto con toda a documentación, remitiranse, dentro do prazo de envío de solicitudes, empregando calquera das formas de presentación previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, ao enderezo: Centro Universitario da Defensa, Escola Naval Militar, praza de España s/n, 36920 Marín, Pontevedra. As solicitudes entregadas en oficinas de Correos presentaranse en sobre aberto para que o persoal da dita oficina lle estampe a data de presentación na solicitude antes de ser certificada. As solicitudes remitidas desde o estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes e debe figurar igualmente a data da súa presentación na solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Deben dirixilas ao director do Centro Universitario da Defensa no modelo oficial, obrigatoriamente xunto cos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Autoridade Portuaria de Vigo: convocatoria de prazas de persoal laboral temporal

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.
A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo excluído de convenio colectivo mediante contrato de interinidade:
1 praza de xefe/a de División de Proxectos, concurso de méritos.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo na Praza da Estrela, nº 1.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará o seguinte día hábill.

Instituto Galego da Calidade Alimentaria: proceso selectivo para a contratación dun técnico I especialista en identificación molecular de variedades de castiñeiro

ANUNCIO do 13 de novembro de 2015 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun técnico I especialista en identificación molecular de variedades de castiñeiro, mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento dos obxectivos do Plan de innovación e mellora forestal de Galicia.
No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de dun/dunha técnico I especialista en identificación molecular de variedades de castiñeiro mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento dos obxectivos do Plan de innovación e mellora forestal de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.


DEPUTACION DE LUGO

SERV. CONTRATACIÓN E FOMENTO

26/11/15

MINISTERIO DE EDUCACIÓN: PRAZAS DE AUXILIARES DE CONVERSACIÓN ESPAÑOLES PARA O CURSO ACADÉMICO 2016-2017

R- - Prazo de presentación de solicitudes: 15 días naturais
-

CONCELLO DE COSPEITO: SELECCIÓN DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A GRUPO C, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, DUBESCALA: ADMINISTRATIVO

- Modalidade: concurso- oposición
- Prazo presentación solicitudes: 10 días naturais
- Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_13036_1.pdf#PAGE=5

CONCELLO DE BALEIRA: CONVOCATORIA SELECCIÓN AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

ANUNCIO de convocatoria para seleccionar un/unha auxiliar de axuda no fogar.
O Concello de Baleira convoca concurso-oposición para seleccionar un/unha auxiliar de axuda no fogar en réxime de persoal laboral a tempo completo na modalidade de contrato indefinido segundo bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 17 de setembro de 2015.
A convocatoria e as bases están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 247, do 28 de outubro de 2015, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web do concello www.concellobaleira.es .
O prazo de presentación de solicitudes, ás cales se deberá xuntar a documentación prevista nas bases, será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos, na forma prevista nelas, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellobaleira.es .