29/10/15

SERGAS: ABRE PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS LISTAS DE CONDUTOR/A

 A inscrición resulta obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar na lista, figurasen ou non inscritas na lista da mesma categoría elaborada ao abeiro do Pacto do 24 de maio de 2004 (DOG nº 104, do 1 de xuño).

A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente (Fides/Expedient-e/Sección de Procesos), ao cal se accederá a través da páxina web ( www.sergas.es ), na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio).

  Prazo de inscrición:  desde o día 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2015.

28/10/15

Proyecto Emprendedores: Acciones de Teleformación

La Fundación CEL – Iniciativas por Lugo ha puesto en marcha con el apoyo de la Deputación de Lugo el Proyecto Emprendedores, una iniciativa de carácter divulgativo y formativo que busca fomentar la difusión de la cultura emprendedora entre los centros educativos de la provincia, así como la adquisición de competencias básicas en personas interesadas en crear su propia empresa.
En el marco del objetivo divulgativo, se han organizado con una veintena de institutos y centros de formación profesional de la provincia jornadas de sensibilización de carácter presencial que tendrán lugar los martes y los jueves de las próximas semanas. Hoy tuvo lugar la primera, con el IES Muralla Romana, durante la que se presentó el proyecto, en nuestras instalaciones.
En el marco del objetivo de capacitación, se impartirán tres cursos vía teleformación sobre “Actitud Emprendedora y Oportunidad de Negocio” y cuatro de “Gestión de la Prevención de Riesgos Laborales en Pequeños Negocios”. Se ofertan un total de 140 plazas a las que podrá acceder cualquier persona interesada en crear su propia empresa. Más info y programas descargables al final de esta entrada.
Inscripción
Los interesados en asistir podrán inscribirse desde ya a través de la Fundación CEL en el número de teléfono 982 28 41 50 o o enviando cubierto el formulario de inscripción al mail  formacion@fundacioncel.org.

ATENCIÓN! Última semana para beneficiarse de incentivos á contratación de persoas inscritas no programa de Garantía Xuvenil.

Principais vantaxes

O programa de Garantía Xuvenil tamén contempla importantes vantaxes para as empresas en materia de apoio á contratación, especialmente para a contratación indefinida e os contratos formativos.
As medidas da Xunta de Galicia de apoio ás empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil son:
  • Axudas ás empresas que contraten baixo calquera modalidade contractual temporal, sempre que esta teña unha duración mínima de 6 meses. Os incentivos incrementaranse se o período de contratación é maior.
  • Incentivos aos contratos indefinidos sempre que supoñan un incremento do persoal da empresa.
  • Unha subvención adicional a aquelas empresas que transformen os contratos temporais en indefinidos.
  • Incentivos aos contratos en prácticas, de persoas xóvenes, en situación de desemprego e sen previa ou escasa experiencia laboral en empregos relacionados coa súa titulación.
Estes incentivos serán compatibles coas bonificacións e reducións de cotizacións á Seguridade Social que o Estado concede a estes contratos indefinidos, contratos para a formación e a aprendizaxe, os contratos en prácticas e o contrato a tempo parcial con vinculación formativa.

Darse de alta no sistema

As empresas rexistradas podedes consultar se o mozo ou moza que queredes contratar está rexistrado no sistema de Garantía Xuvenil e, por tanto, podedes aplicarvos a bonificación pola súa contratación.

Máis información: http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/area-empresas

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) convoca 2 prazas de persoal docente e investigador contratado

Sistema selectivo: concurso.
2 profesores/as asociados/as:
- 1 para Lugo. Titulación: Graduado/a ou Licenciado/a en Física, Química, Bioloxía ou Xeoloxía.
- 1 para Compostela. Titulación: Graduado/a en Pedagoxía, Educación Social ou mestre ou Licenciado/a en Pedagoxía ou Psicopedagoxía.
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles (ata o 14/11/2015).


Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151027/AnuncioG2018-201015-0001_gl.html

BOLSAS FUNDACIÓN SEPI-CORREOS 2015


La Fundación SEPI, de conformidad con los términos del convenio de colaboración de fecha 19 de octubre de 2015 suscrito con la Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A. convoca 26 becas, ampliables, correspondientes a la edición 2015 del Programa Fundación SEPI – CORREOS 2015
(1) Bases de la Convocatoria: Bases de la Convocatoria
(2) Las entrevistas se realizarán en MADRID
(3) Formulario de Solicitud para titulados
(4) Recepción de solicitudes hasta el Lunes 9 de noviembre de 2015
Si actualmente cursa los estudios cuya finalización se requiere en esta convocatoria o su carrera/especialidad no se encuentra entre las demandadas en la misma, y desea ser informado electrónicamente de aquellas convocatorias que puedan promoverse, por favor cumplimente el formulario existente.

Máis información: https://www.fundacionsepi.es/becas/correos-fsepi.asp

AULA CEMIT SARRIA: CURSO PARA ARQUITECTOS E ENXEÑEIROS/AS


OFERTA DE EMPREGO


OFERTA DE EMPREGO


OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA (EL PROGRESO)



BEN EMPREGADO II: LISTAXE CANDIDATOS/AS SELECCIONADOS/AS BLOQUE I

As persoas seleccionadas teñen 3 días para presentar a documentación.

Máis información: http://benempregado.deputacionlugo.org/BenEmpregado2/novas/27102015-NOTA-INFORMATIVA-1.pdf
http://benempregado.deputacionlugo.org/BenEmpregado2/novas/27102015-NOTAS-BLOQUE-I.pdf

http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado2.asp

DEPUTACIÓN DE LUGO: ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS TERRAS DO MIÑO PARA O 4º TRIMESTRE DE 2015

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/terrasmino2015/index.html#

CONCELLO DE PARADELA: CORRECCIÓN ERRO PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_12921_1.pdf#PAGE=14

27/10/15

AXIÑA SERVICIOS DEPORTIVOS, S.L.: BUSCA MONITOR/ BAILE MODERNO

Buscamos monitores/as de baile moderno para nuestras actividades.
Horario: Martes de 17:10 a 18:10 en Pastoriza.
Enviar CV a: axinasd@axinasd.com
Asunto: Monitor/a baile moderno

CONCELLO DE CARBALLO: Bases para a selección de persoal de enfermería para unha listaxe de substitucións para a Unidade de Drogodependencias (UAD)

Descrición: O Concello de Carballo vén de aprobar as bases para a selección de persoal coa categoría profesional de graduado/a en enfermería para a confección unha listaxe de substitucións para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) durante as ausencias da titular do posto de traballo. O proceso de selección será o de concurso de méritos.

Os interesados e interesadas poden descargar as bases ao completo nun documento en pdf nesta mesma convocatoria.
Prazo: O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Nestes momentos aínda non se ten publicado.

Economía Social no Foro Colaborativo para o Emprego FOCO 2015. Participa!

Os días 5 e 6 de novembro celébrase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o Foro Colaborativo para o Emprego, FOCO 2015,  que integra un amplo programa de actividades e espazos de encontro dirixidos, principalmente, a persoas en situación de desemprego, aínda que tamén, destacamos, a apertura de mesas de particapación para o deseño do Plan Municipal de Emprego do Concello de Santiago, ás que poden asistir outras persoas, colectivos, e as entidades galegas de economía social. Así que, outro dos elementos distintivos deste foro é que contén espazos destinados especialmente ás entidades de Economía Social, co obxetivo de visibilizar e impulsar este modelo económico, que pon ás persoas e as súas necesidades por diante do beneficio monetario.  Nas Mesas de Diálogo para o Emprego se priorizarán as liñas de traballo do plan, contarase coa colaboración e a traxectoria de persoas relatoras que son referentes a nivel estatal en temáticas como o feminismo, a renda básica, o consumo responsable, as finanzas éticas e o emprendento social, entre outras.
Podes consultar o programa aquí: http://axencialocaldecolocacion.org/presentation
A cooperativa Cidadanía S. Coop. Galega está colaborando co Concello para difundir e encher de contido estes espazos. Por iso queremos trasladarvos unha invitación a aquelas experiencias de economía social e traballo colaborativo que queirades darvos a coñecer. Cremos que esta será unha magnífica oportunidade.
O Foro contén un espazo de stands e un escenario para presentacións, así que se sodes unha entidade galega de economía social (non só de Santiago) e :
1. Tedes algo concreto que ofrecer ás persoas desempregadas, podedes solicitar un stand de 2×2 metros, de forma gratuíta, para ter presenza ao longo das tres sesións (xoves mañá e tarde e venres pola mañá). Por exemplo, se tedes unha bolsa de emprego, se ofrecedes programas de formación ou asesoramento que vaian realizarse no propio mes de novembro ou en decembro, se apoiades a novos proxectos de economía social a través de financiamento, etc.
2. Queredes contar a vosa experiencia a través dunha breve presentación de 10 ou 15 minutos, contades con micro e unha gran pantalla no escenario central, nun espazo aberto moi visible. As presentacións encaixarán nun programa conxunto, en horario de 12 a 14 H. e, o xoves pola tarde, de 18 a 20 H.
Para resolver calquera dúbida ou indicar o voso interese, poñédevos en contacto con Cidadanía á maior brevidade, sendo o luns 26 de outubro a data tope:
Antón Insua
627570948
anton.insua@cidadania.coop
Ana Lorenzo
627570947
ana.lorenzo@cidadania.coop
Aproveitamos para recordar que, a Unión de Cooperatias de Traballo Asociado UGACOTA, participa no proceso de construcción do Plan Local de Emprego do Concello de Santiago de Compostela. Estase participando na mesa de Economía Social e Emprego Protexido e tamén na mesa de Responsabilidade Social Empresarial. Os traballos do Plan organízanse a través da participación en distintas mesas temáticas nas que se definen obxetivos e propostas, cos resultados de todas as mesas elabórase un Documento de Propostas. E xa os días do Foro Colaborativo para o Emprego, poderase exercer a participación activa de todas as persoas interesadas, daranse a coñecer os resultados dos traballos, recolleranse novas achegas, e ademais se priorizarán as propostas.
Ademáis, as asociacións de cooperativas, UGACOTA e SINERXIA estarán presentes cun stand os días de celebración deste Foro.
Máis información: http://ugacota.coop/convocatorias-gl/o-foro-colaborativo-para-o-emprego-foco-2015-ofrece-espazos-participativos-a-economia-social/

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA (EL PROGRESO)


OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS DE ENTIDADES LOCAIS

Máis información: https://www.eidolocal.gal/ofertas-de-emprego