25/9/15

Formación profesional dual en Galicia

A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo. Na actualidade, debido á súa ampla oferta, ao seu carácter modular e ás facilidades para a súa realización, preséntase como unha opción moi atractiva cunha alta porcentaxe de inserción laboral.
 Que é a FP dual?
É unha modalidade de formación profesional do réxime para as persoas adultas, e enténdese como o conxunto das accións e iniciativas formativas mixtas de emprego e formación que teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.
A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.
Que tipos de proxectos de FP dual existen na actualidade?
Hai dous tipos de proxectos de FP dual: por contrato de formación e aprendizaxe, ou por bolsa.
Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?
No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado percibirá a retribución establecida no convenio colectivo correspondente, e non poderá ser, en ningún caso, inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.
Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado será beneficiario dunha bolsa dunha cuantía similar a dos proxectos tipo contrato durante a súa participación no proxecto.
Que diferencia a modalidade de FP dual do resto de modalidades de FP?
A característica principal da modalidade dual é que a formación do ciclo formativo é compartida entre o centro educativo e a empresa; consiste en que a empresa facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.
Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?
Na modalidade dual da formación profesional, as 2.000 horas de formación dos ciclos formativos distribúense ao longo dun máximo de tres anos.
Cales son os requisitos para acceder á FP dual?
Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que con caracter xeral se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do contrato de formación e aprendizaxe.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo correspondente.
Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?
No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado é contratado pola empresa e é un traballador máis desta para todos os efectos. Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado terá a condición de bolseiro nesa empresa.
Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?
Ao cursar un ciclo formativo de formación profesional na modalidade dual, has recibir unha remuneración desde o inicio do teu período de formación, que se irá incrementando cada ano á medida que aumente a túa competencia profesional, e terás maior facilidade para a integración no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa.

Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

Habilitacións profesionais e carnés profesionais: listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2015

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria de habilitacións e carnés profesionais 2015.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 26 de setembro de 2015.
Consulte a listaxe provisional.

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



TRABALLADOR/A SOCIAL PARA CENTRO DE DÍA EN BEGONTE (LUGO).

Necesítase Traballador/a Social para o Centro de Día de Begonte para cubrir as vacacións da persoa titular do 13 ao 27 de outubro de 2015.
Xornada a tempo parcial do 65%.
Interesados/as enviar C.V. antes do 27 de setembro ao e-mail:
centrodiabegonte@gmail.com

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes dende o día 23 de setembro ata o día 25 de setembro ás 13:00 horas.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario
  
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
  
Modalidade distancia
Máis información: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-formativos-liberados-ou-con-prazas-vacantes-2015

23/9/15

Plazas en formación sanitaria especializada


Periodo de inscripción
Del 21/9/2015 al 30/9/2015

Información

El Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad aprueba la oferta de 7.501 plazas de formación sanitaria especializada que pueden ser adjudicadas a Médicos, Farmacéuticos, Enfermeros y otros graduados/licenciados universitarios del ámbito de la Psicología, la Química, la Biología y la Física.
Las plazas ofertadas son en el régimen formativo de residencia. Por titulaciones, la distribución de las plazas es la siguiente.
  • Médicos (MIR): 6.098 plazas.
  • Farmacéuticos (FIR): 218 plazas.
  • Enfermeros (EIR): 968 plazas.
  • Químicos (QIR): 20 plazas.
  • Biólogos (BIR): 36 plazas..
  • Psicólogos (PIR): 129 plazas.
  • Radiofísicos (RFIR): 32 plazas.
El número de plazas convocadas se incrementa en un 2,3% respecto a la convocatoria previa. Se mantiene la nota de corte en el 35% para todas las titulaciones. La convocatoria de prueba selectiva 2015-2016 es para el sábado 6 de febrero de 2016. La duración de la prueba será de 5 horas y el número de preguntas multirespuesta será de 225 más 10 de reserva, en todas las titulaciones.
Los aspirantes con número de orden de las titulaciones de biología, química, radiofísica y psicología, presentarán únicamente solicitud electrónica para la adjudicación de plaza. En las titulaciones de Medicina, Enfermería y Farmacia se mantiene el sistema de la adjudicación presencial, aunque se recomienda a los aspirantes que realicen la reserva electrónica.
En esta convocatoria se mantiene la reserva de un 7% de las plazas de formación sanitaria especializada para personas con discapacidad igual o superior al 33% (un total de 525 plazas), para cada titulación.
Plazo de presentación de solicitudes: del día 21 al 30 de septiembre de 2015.

Convoca

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

Requisitos

Ser español o nacional de un Estado miembro de la Unión Europea, de otro Estado parte en el Acuerdo sobre el Espacio Económico Europeo, de la Confederación Suiza, o los vinculados con éstos en los términos que se citan en la convocatoria. Estar en posesión del título universitario que en cada caso corresponda según lo previsto en la base I, de la certificación sustitutoria del mismo o, cuando se trate de títulos extranjeros, de la resolución de su reconocimiento, homologación o equivalencia expedida por el Ministerio competente. Ampliar información en convocatoria.

Precio

El importe de las tasas será de 29,89 euros la ordinaria y de 14,95 euros la bonificada. 
 
Máis información: 
Boletín Oficial
BOE 18/09/2015
 
 

CEG: BOLETÍN SEMANAL DE OFERTAS DE EMPREGO

Máis información: http://www.ceg.es/index.php?idMenu=2004&PHPSESSID=0c2d28fa84f44bc35ca03a60ab231d27&PHPSESSID=451d98f6994b58cc107d2a77a94ab161

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro: convocatoria e bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 211, do 14 de setembro de 2015, aparece publicada a convocatoria e as bases que deberán rexer a convocatoria e o proceso de provisión das seguintes prazas de persoal laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2015, polo procedemento de concurso-oposición libre:
1 traballador social: grupo B, subgrupo B.
1 administrativo: grupo C, subgrupo C1.
1 auxiliar: grupo C, subgrupo C2.
As instancias para solicitar tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de edictos da Mancomunidade.
Beade, 17 de setembro de 2015 

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



22/9/15

Resolución provisional e listaxes de admitidos, de excluídos e de agarda dos cursos CELGA 2015

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Máis información:  http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0051/convocatoria-cursos-lingua-galega-preparatorios-das-probas-para-obter-certificados


Titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacíons Públicas

Titulado/a en Xornalismo, C.Audiovisual ou Publicidade (con discapacidade) 

Luns, 21 de setembro de 2015
Localidade de traballo: Santiago de Compostela
Requisitos:
  • Titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacíons Públicas
  • Coñecementos en: 
    • Xestión de comunicación
    • Xestión de ferramentas  de deseño gráfico
    • Xestión de contidos nas redes
  • Ter o certificado de discapacidade e/ou incapacidade 
Funcións:
- Planificación, coordinación e execución de actividades de comunicación (eventos, participación en foros, publicacións, noticias....)
- Xestión das Redes Sociais
- Xestión da imaxe da empresa (deseño de elementos gráficos, xestión de contidos web, definición de directrices de emprego da imaxe...)
Condicións laborais:
  • Contrato Temporal
  • Xornada completa de luns a venres
  • Incorporación inmediata.
Contacto:
 Interesados/as enviar  CV a:
sil@cogami.es
 http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/modules/jobs/job_0471.html 

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



21/9/15

CONVOCATORIA DE 10 PRAZAS NO CORPO DE ENFERMEIROS/AS DE INSTITUCIÓNS PENITENCIARIA

Sistema de selección: acceso libre
Prazo: ata o 11/10/2015
Máis información:  http://www.boe.es/boe/dias/2015/09/21/pdfs/BOE-A-2015-10114.pdf

BOLETÍN SEMANAL DE EMPREGO PÚBLICO

http://administracion.gob.es/pag_Home/empleoBecas/empleo/boletinEmpleoPublico.html#.Vf_TIJepLm4

22 PRAZAS NO CORPO SUPERIOR DE INTERVENTORES E AUDITORES DA ADMINISTRACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL

Sistema de selección: acceso libre.

Prazo: ata o 11/10/2015

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/09/21/pdfs/BOE-A-2015-10116.pdf

30 PRAZAS CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL, ESPECIALIDADE DE AUDITORÍA E CONTABILIDADE


Sistema de selección: acceso libre.

Prazo: ata o 11/10/2015

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/09/21/pdfs/BOE-A-2015-10115.pdf

OFERTAS DE EMPREGO NA EMPRESA