20/6/15

CONCELLO DE SAMOS: PROCESO SELECTIVOS, VARIAS PRAZAS

  • PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 XEFE BRIGADA, PEÓN CONDUCTOR E CATRO PEÓNS (PAG. 9, R. 2489)
  • PROCESO SELECTIVO PARA 3 TRABALLADORES DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (PAG. 9, R. 2490)
  • PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL DE 1 TRABALLADOR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. (PAG. 10, R. 24
  • -

    Láncara. CURSO AFD: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais

    Concello: LÁNCARA

    Centro:SERGE LUCENSE, S.A. Tfno 982 543 943 
     SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais

    Máis información: http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2015-Lugo.pdf

    CURSOS AFD LUGO 2015

    http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2015-Lugo.pdf

    18/6/15

    CONCELLO DE PORTOMARÍN: CONVOCATORIA E BASES PARA SELECCIÓN DE UN/HA INFORMADOR/A TURISMO CAMIÑO FRANCÉS (PAG. 6, R. 2479)

    EXTRACTO DA CONVOCATORIA E DAS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE UN/HA INFORMADOR/A TURISMO PARA A ATENCIÓN E INFORMACIÓN CONTINUADA E ESPECÍFICA DE TODO O CAMIÑO FRANCÉS E DO XACOBEO AOS/AS PEREGRINOS/AS QUE SE ATOPEN NO CONCELLO DE PORTOMARÍN.
     O Sr Alcalde Presidente do concello de Portomarin con data 11 de xuño de 2015 ditou Resolución onde se aproban a convocatoria e as bases polas que se establecen as normas para a selección de persoal laboral temporal de información turística do Concello de Portomarin, mediante concurso – oposición, e que se publicarán integramente no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web (www.concellodeportomarin.es). Nº EMPREGOS DENOMINACIÓN 1 UN/HA INFORMADOR/A TURISMO
    SOLICITUDES: Estarán a disposición dos aspirantes no Concello e na páxina web (www.concellodeportomarin.es).
     PRAZO DE PRESENTACIÓN: 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
     LUGAR DE PRESENTACIÓN: no Rexistro Xeral do Concello de Portomarín ou a través das outras formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo/a empregado/a do Servizo de Correos.
     DOCUMENTACIÓN QUE DEBERA PRESENTARSE COA SOLICITUDE: A indicada no punto 6 das bases publicada integramente na páxina web do concello (www.concellodeportomarin.es).
     Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria e a data de celebración das probas faranse públicos no Taboleiro de anuncios do Concello de Portomarin e na páxina web.

    Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_12403_1.pdf#PAGE=6


    Bolsas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

    O Centro Superior de Hostalaría de Galicia convoca bolsas para a realización de estudos.

    Modalidade das bolsas:
    A. Bolsas de matrícula:
    a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
    b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.
    c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.
    B. Bolsas de excelencia:
    2 bolsas tipo I para o 1º curso Diploma superior en Xestión Hoteleira.

    prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015.
    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU200A
    Máis información no DOG do 15 de xuño de 2015 e no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, teléfonos 981 542 519 e 981 542 559
    http://turismo.xunta.es

    FUNDACIÓN MENIÑOS


    Buscamos dos Técnicos de Intervención Familiar en Galicia


    Psicólogos/as

    2 años de experiencia en programas de acogimiento y/o adopción
    Formación en acogimiento y/o adopción
    Formación en intervención sistémica
    Carnet de conducir y vehículo propio.

    FADEMGA-FEAPS Galicia


    -Titulación de grao medio, nas especialidades de Educación Social, Traballo Social, Maxisterio en Educación Especial, ou outras titulación da rama social
    -Formación e coñecementos profesionais no sector da discapacidade intelectual e na área social, así como en formación e inserción laboral
    Enviar cv ata o 25 de xuño
    Máis información:
    http://www.afundacion.org/…/ofe…/preparador_laboral_formador
    A alcaldesa de Mondoñedo e o concelleiro delegado de Promoción Económica, INFORMAN:
    Que as persoas interesadas en participar no proceso de selección de 5 alumnos/as-traballadores do Obradoiro de Emprego Pardo de Cela II, no que se refire ao Concello de Mondoñedo deben ser desempregados/as inscritos/as na Oficina do Servizo Público de Emprego de Mondoñedo ata o Mércores 17 de xuño, na especialidade AGAO0208, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes. Os requisitos mínimos son:
    - estar empadroado no Concello de Mondoñedo antes do 11 de xuño de 2015.
    - estar en posesión do título de ESO, Competencias Clave Nivel 2, 2º BUP ou equivalente
    Este Obradoiro de Emprego denominado Pardo de Cela II, foi concedido aos Concellos de Foz, Alfoz, Valadouro e Mondoñedo pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
    Para máis información: Concello de Mondoñedo (982 524 003)

    OPOSICIÓNS XUNTA DE GALICIA

    44 prazas do CORPO AUXILIAR (C2) http://bit.ly/1CeSy56 
    Sistema selectivo: oposición, acceso libre
    20 prazas do CORPO ADMINISTRATIVO (C1) http://bit.ly/1epEmkA
    Sistema selectivo: oposición, acceso libre
    10 prazas do CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN (A2)http://bit.ly/1G60wyW
    Sistema selectivo: oposición. 7 prazas de acceso libre, 3 de promoción interna
    15 prazas do CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN (A1)http://bit.ly/1G60DdY
    Sistema selectivo: oposición. 11 prazas de acceso libre, 4 de promoción interna
    Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 8 de xullo.

    17/6/15

    OFERTAS DE EMPREGO


    Buscamos un@ cociner@ para formar parte de nuestro equipo de cocina. Somos personas jóvenes y con ganas de hacer de nuestro Restaurante una referncia. Incorporación inmediata, porque estamos dándolo todo. Si os interesa, por favor, poneos en contacto con nosotros en el tfno 982 560 200 o por email a info@resortlassirenas.com. Esta semana próxima estaremos haciendo la selección.

    CENTRO UNIVERSITARIO DA DEFENSA - ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN ANUNCIO do 15 de xuño de 2015 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (CPD08).

    A Dirección do Centro Universitario da Defensa (en diante CUD) na Escola Naval Militar de Marín (en diante ENM), no uso das súas competencias, tras a aprobación na reunión do Padroado do 14 de novembro de 2013, con base na disposición adicional vixésimo terceira (Cobertura das necesidades de persoal docente dos centros universitarios da Defensa) da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, e recibida autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (escrito con data do 18 de xullo de 2014), resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público, polo procedemento de urxencia, para cubrir as necesidades docentes existentes mediante a contratación, en réxime laboral de persoal docente, para as seguintes categorías:
    Categoría de profesor
    Número de prazas
    Axudante doutor
    2
    Este concurso rexerase polo disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como polo Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario; pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante Lei 30/1992), e pola normativa reguladora do procedemento para a provisión de prazas de persoal docente e investigador do CUD na ENM, aprobada na reunión do Padroado do 8 de marzo de 2010.
    A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar (praza de España s/n, 36920 Marín, Pontevedra), así como na páxina web do Centro Universitario da Defensa ( http://cud.uvigo.es – Persoal – Persoal docente e investigador (PDI) – Concursos de profesorado – Oitavo concurso de persoal docente contratado (código CPD08).
    O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e deben dirixilas ao director do Centro Universitario da Defensa no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

    Formación profesional dual en Galicia

    No Instituto Politécnico de Lugo o próximo curso ofertará un ciclo de FP dual en Construción 
    Que é a FP dual?
    É unha modalidade de formación profesional do réxime para as persoas adultas, e enténdese como o conxunto das accións e iniciativas formativas mixtas de emprego e formación que teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.
    A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.
    Que diferencia a modalidade de FP dual do resto de modalidades de FP?
    A característica principal da modalidade dual é que a formación do ciclo formativo é compartida entre o centro educativo e a empresa; consiste en que a empresa facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.
    Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?
    Na modalidade dual da formación profesional, as 2.000 horas de formación dos ciclos formativos distribúense ao longo dun máximo de tres anos.
    Cales son os requisitos para acceder á FP dual?
    Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que con caracter xeral se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:
    • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
    • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos, e carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do contrato de formación e aprendizaxe.
    • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo correspondente.
    Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?
    No caso de proxectos tipo contrato de formación e aprendizaxe, o alumnado é contratado pola empresa e é un traballador máis desta para todos os efectos. Para o caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado terá a condición de bolseiro nesa empresa.
    Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?
    Ao cursar un ciclo formativo de formación profesional na modalidade dual, has recibir unha remuneración desde o inicio do teu período de formación, que se irá incrementando cada ano á medida que aumente a túa competencia profesional, e terás maior facilidade para a integración no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa.

    Director Financiero con experiencia (profesional senior).

    Se trata de una importante empresa de Galicia que está buscando un Director Financiero con experiencia (profesional senior).
    Los detalles de la oferta son:
    1. Funciones: 
    Reportando al Dirección de la compañía y liderando al equipo de administración, se responsabilizará de la gestión y control de los recursos económicos, financieros y fiscal de la empresa, alineadas con las directrices del grupo .Asimismo se responsabilizará de los Servicios Generales de la empresa y de supervisión a terceros (auditoría, administraciones,etc) y negociación, seguimiento, y gestión de los recursos financieros con las entidades financieras y de crédito
    2. Perfil:
    Licenciado en Ciencias Económicas o Administración de Empresas, con al menos diez años de experiencia profesional de los cuáles 5 en posición directiva en el área financiera. Se valorará formación de postgrado en escuelas de prestigio (perfil senior>35 años) Imprescindible dominio de los cierres contables, fiscalidad, reporting, tesorería y gestión de cuentas de circulante. Se requiere también sólidos conocimientos y experiencia en la negociación y optimización del área de compras y/ o servicios generales.
    A mí me ha remitido la oferta una head hunter, y yo no intervengo en el proceso, por lo que no tengo más información.
    Las personas interesadas debéis enviar vuestro CV o solicitar más información directamente en el correo:
    rosaperez@wantedseleccion.es

    16/6/15

    OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA


    36 PRAZAS DE ENXEÑEIROS/AS TÉCNICOS/AS DE OBRAS PÚBLICAS

    Sistema selectivo: oposición, acceso libre.

    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 6 de xullo.

    Máis información  http://www.boe.es/boe/dias/2015/06/16/pdfs/BOE-A-2015-6661.pdf




    GALEUROPA


    Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil 
    Axudas para viaxe , aloxamento e outros, para estadías de realización de prácticas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, ben a mozos e mozas ou a entidades e asociacions para proxectos de mobilidade 31 países participantes
    PRAZO solicitudes ata 31 de xullo 2015