12/6/15

Convocadas 17 PRAZAS da Escala de Titulados/as de Escolas Técnicas de Grao Medio de Organismos Autónomos do MAPA.

Convocadas 17 PRAZAS da Escala de Titulados/as de Escolas Técnicas de Grao Medio de Organismos Autónomos do MAPA.
Requisito, entre outros: título Universitario de Grao, Diplomado/a Universitario, Enxeñeiro/a Técnico/a ou Arquitecto/a Técnico/a.
Sistema selectivo: oposición, acceso libre.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/06/12/pdfs/BOE-A-2015-6500.pdf

UNIVERSIDADE DE VIGO: concurso público para a elaboración de listas de espera de persoal docente para o curso académico 2015/16.


ANUNCIO do 11 de xuño de 2015 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca o primeiro concurso público para a elaboración de listas de espera de persoal docente para o curso académico 2015/16.
De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público nas seguintes categorías:
LA1501. Listas de espera
A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial; r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica http://persoal.uvigo.es/ , Servizo de Persoal Docente e Investigador, premendo en «emprego», «convocatorias de concurso» . Para outra información e aclaración de dúbidas, poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e deberán dirixilas ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente xunto cos documentos acreditativos previstos na convocatoria.
Con carácter previo á formalización dos correspondentes contratos, será precisa a autorización conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos segundo o establecido na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.


Convocatoria para a selección de Vixiantes da Rede Museística Provincial como funcionario/a interino/a.
Tipo de contrato: laboral temporal.
Prazo: 10 días naturais (ata o 22/06/2015).

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_12380_1.pdf#PAGE=1

9/6/15

COMPETENCIAS CLAVE: PUBLICACIÓN DE NOTAS

Prazo de reclamación: ata mañá, día 10.

Máis información: http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave

O DOG publica hoxe a orde para a formación de 1.000 desempregados de longa duración con cargas familiares

Os cursos centraranse en catro ámbitos: aprendizaxe de idiomas; competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC; obtención de competencias clave; ou adquisición de certificados de profesionalidade. En definitiva, están deseñados para que as persoas sen cualificación adquiran as competencias mínimas para mellorar a súa empregabilidade, e para que os que teñan unha certa cualificación consigan unha formación máis axustada ás necesidades do tecido produtivo.
Trátase dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. Poderán optar ás axudas todas aquelas entidades de formación e centros inscritos e acreditados na Consellería de Traballo, nas especialidades formativas as que fai referencia e que estean inscritas ou acreditadas na data da publicación da orde. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar a partir de mañá.
Esta é unha das medidas incluídas no “Plan de Activación para o Emprego” para 2015 e 2016, que se acordou en xaneiro con patronal e sindicatos. Esta folla de ruta conta cun total de 10 millóns de euros e seis actuacións, que abarcan medidas centradas na orientación, formación recualificación ou recoñecemento da experiencia laboral. Isto combínase cunha medida de protección, a través dunha axuda económica que lles acompaña durante a súa duración, e permite un mellor aproveitamento das medidas de activación.
Ademais, cabe destacar que esta non é a única iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar en materia de formación, que conta tamén coa convocatoria de formación para desempregados, ou a formación dual, entre outras.

SERGAS: PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE SELECCIÓN TEMPORAL PARA 5 CATEGORÍAS DE XESTIÓN E SERVIZOS

As categorías publicadas son: celador, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e pinche

CONCELLO DE BALEIRA (LUGO).


Convocatoria das seguintes prazas para a Brigada de Prevención e Extinción de Incendios e outras:
- 1 Xefe/a de Brigada.
- 1 Peón Condutor/a.
- 3 Peóns.
- 3 Condutores/as camión motobomba.
- 1 Operario/a de desbroces.
Duración do contrato: 3 meses.
Prazo: 5 días hábiles dende mañá (ata o 15/06/2015).
Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_12364_1.pdf#PAGE=2

CONCELLO DE CHANTADA: TRABALLADOR/A SOCIAL

Convocatoria para a Cobertura unha Praza de Traballador/a Social do Concello De Chantada. Persoal Laboral Temporal.

Máis información: http://www.concellodechantada.org/imaxes/novas/2015/xunho/Bases_traballo_social.pdf

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONSTITUCIÓN E AO FUNCIONAMENTO DAS AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES DE PRANTAS VIVAS E PRODUTOS DA FLORICULTURA.


CONTÍA (durante os 5 anos posteriores á data do seu recoñecemento):
- Primeiro ano: o custo total dos gastos de constitución e funcionamento administrativo que fosen xustificados.
- Nos anos seguintes o importe será o custo total dos gastos mencionados anteriormente, co límite do 80 % no segundo ano, do 60 % no terceiro, do 40 % no cuarto e do 20 % no quinto ano. Así mesmo, o importe da axuda tampouco poderá exceder o 5 % do valor das vendas de cada anualidade respectiva.

OFERTA DE EMPREGO: 2 FISIOTERAPEUTAS


Se necesitan 2 fisioterapeutas para incorporación inmediata para Santiago de Compostela (en 15 dias). Contrato de 6 meses, renovables indefinido. Jornada continua de mañana y de tarde, alternas por semanas. Se valora conocimiento de Pilates y de tratamiento de suelo pélvico. Interesados enviar curriculum a fisiocinesia@gmail.com, solo por este medio.

AULA CEMIT SARRIA. PRÓXIMAS ACTIVIDADES FORMATIVAS

https://cemit.xunta.es/gl/actividades?idCentro=74

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA