13/3/15

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA




O CENTRAD desvela os segredos dos oficios tradicionais en 12 novos obradoiros con 146 prazas

Este sábado dará comezo o obradoiro de birimbao no CEIP Santa María da Fonsagrada, onde os nenos aprenderán a tocar a trompa de boca, instrumento fabricado o pasado ano noutro curso. O 18 de marzo arrancará o taller Arte Visual da iconografía, orientado a todos os interesados no deseño gráfico. Yolanda Díaz Goás ensinaralle aos participantes os temas imprescindibles relacionados coa comunicación visual ata o 27 de abril, de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, nas aulas da Fundación TIC. Tamén, a partir do 30 de marzo e ata o 8 de abril, Margarita Portomeñe ensinaralle aos asistentes as técnicas do escaparatismo e figuras con porispán nas aulas de Día de Saúde Mental.
Durante o mes de abril comezarán outros catro talleres: Iniciación á Cestería no Incio e en Abadín, Iniciación ao tapiz de alto lizo en Viveiro e Tala e Torneado Artístico en madeira en Ribadeo. A programación da Deputación complétase cun taller de monicreques do 15 ao 19 de xuño no Hospital de Día de Saúde Mental.
Inscrición
O prazo de solicitude remata cinco días antes da data de comezo de cada obradoiro. As inscricións poderán realizarse mediante internet, na páxina web www.centrad.org Cada alumno poderá participar nun único curso por tempada, agás no caso de que resten prazas vacantes noutros cursos unha vez pechado o prazo de inscrición.

OFERTA DE EMPREGO CHANTADA: Agente de Contratación HOTUSA HOTELS

Requisitos

10/3/15

CURSOS AFD APROBADOS 2015

Máis información: http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2015-Lugo.pdf

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CORRESPONDENTE A PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES DE GALICIA.


- Corpo de mestres: 432.
- Corpo de inspectores de educación: 14.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150310/AnuncioG0164-060315-0003_gl.html

Concello de Ribadeo: contratación de 6 persoas para a atención da oficina de información turísticas de As Catedrais

Apertura de proceso de contratación

O contrato realizaráse pola modalidade de obra ou servizo determinado (RD 2720/1998):
  • 1 persoa para prestar servicios a tempo parcial durante os días  20,21,22 de marzo (no seu caso)  28 de marzo ao 5 de abril  (Semana Santa),  11,12,  18,19,  25 e 26 de abril. 1,2,3,9,10,16,17, 23 ,24,30 e 31 de maio e 6,7,13,14,20,21, 27 e 28 de xuño de 2015.
  • 6 persoas a tempo parcial durante os meses de xullo, agosto e setembro.
  • 1 persoa a tempo parcial  (4h/día)  nas seguintes datas:  fins de semana e pontes ou semellante 3,4,10,11,12,17,18,24,25,31 de outubro e 1 e 2 de novembro de 2015.
Lugar de solicitude:

 Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo 
Prazo: 17 de marzo 

USC: CONTRATACIÓN PERSOAL EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN


34 prazas ofertadas:
2 Licenciados/as ou Grao en Bioloxía
2 Licenciados/as ou Grao en Física
1 Axudante Administrativo (FPII Administración)
1 Licenciado/a ou Grao en Ciencias Económicas
2 Licenciados/as ou Grao en Química
8 Licenciados/as ou Grao en Xornalísmo ou Comunicación Audiovisual
1 Bacharel
1 Licenciado/a ou Grao en enxeñaría Informática
3 Bachareis ou FPII Informática
2 FPII rama Administrativa e Comercial
3 Enxeñeiros/as ou Grao en Informática ou Enxeñaría en Telecomunicacións
2 Licenciados/as ou Grao en Xeografía e Historia
2 Licenciados/as ou Grao en Psicoloxía
1 Licenciado/a ou Grao en Matemáticas
1 Licenciado/a ou Grao en Economía, ADE, Dereito ou Políticas
1 Licenciado/a ou Grao en Filoloxía Hispánica
1 Técnico FPII Laboratorio de Diagnóstico Clínico
Prazo de presentación de solicitudes ata o 19 de marzo de 2015

La multinacional E.Leclerc abrirá próximamente su primer hipermercado en Galicia, en el Centro Comercial Abella de Lugo.

El hipermercado incia esta semana el proceso de selección de personal para este nuevo centro de trabajo con la recogida de currículums, que tendrá lugar este jueves, día 12 de marzo, en la Escuela de Empresarios y Centro de Formación de la CEL (Rúa Manuel Murguía, 6) en horario de 9:00 a 15:00 y de 16:00 a 20:00 horas (NO SE RECOGERÁN CURRÍCULUMS FUERA DE ESTA FECHA Y HORARIO NI POR CORREO ELECTRÓNICO).
El centro prevé la creación de 75 nuevos puestos de trabajo en la localidad, de carácter estable e indefinido. Estima, además, generar un empleo indirecto de otras 30 personas.
Los perfiles que optarán a un puesto de trabajo en este proceso de selección son:
     1. Cajeras y vendedores de no alimentación
     2. Profesionales de productos frescos
     3. Personal para reposición
     4. Jefes de Sección (imprescindible aportar experiencia en puesto similar).