6/3/15

TRABALLADOR/A SOCIAL (CONCELLO DE TUI)

TRABALLADOR/A SOCIAL. Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal dunha persoa para as tarefas de traballador/a social
Data de inicio: 06-03-2015.
FINALIZA O PLAZO: 18-03-2015

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DUNHA PERSOA PARA AS TAREFAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL PARA O CONCELLO DE TUI.

1 OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto das presentes bases é proceder á selección dunha persoa para as tarefas de traballador/a social, para a súa contratación laboral temporal, de duración determinada, a tempo completo e xustificada na providencia da Alcaldía de data 5 de febreiro de 2015.

A persoa contratada deberá prestar os seus servizos a tempo completo, en horario a determinar pola Alcaldía segundo as necesidades do servizo, cunha xornada semanal de 37,5 horas, podendo comprender xornada de mañá e/ou tarde.

A duración máxima do contrato será de 11 meses e coa data máxima de finalización, en calquera caso, o 31/12/2015. 

A retribución bruta será de 1.097,73 euros mensuais, incluíndo salario e prorrateo de pagas extras.

O contrato de traballo rexerase pola normativa dos contratos laborais temporais a tempo completo de obra ou servizo determinado.

2 REQUIRIMENTOS DOS ASPIRANTES:
Nas instancias polas que se solicite presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, farase constar que se cumpren, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1 Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2 Posuír capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

3 Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4 Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007 de 12 de abril.

5 Posuír a titulación esixida: Grao en Traballo Social ou Diplomatura en Traballo Social.

6 Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui,  durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.


3 PROCESO DE SELECCIÓN.  O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

•A)     FASE DE CONCURSO: (puntuación máxima nesta fase, 2 puntos).
A puntuación desta fase suporá o 20% da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección.
En primeiro lugar o Tribunal procederá a avaliar os méritos achegados por cada aspirante de acordo co seguinte baremo:

.- Experiencia profesional:
Por servizos prestados na administración pública en posto igual ou semellante ao convocado: 0,10 puntos por mes completo coa puntuación máxima de 2 puntos.

Por servizos prestados na empresa privada nun posto igual ou semellante ao convocado: 0,05 puntos por mes completo coa puntuación máxima de 1 punto.
           
A experiencia profesional acreditarase mediante copia compulsada dos contratos e a vida laboral debidamente documentada, ou certificación de órgano competente que indique con claridade a experiencia profesional no posto de traballo semellante co obxecto do contrato. Os méritos non xustificados documentalmente ou xustificados insuficientemente non serán obxecto de valoración por parte do Tribunal de selección.
    
•B)     FASE DE OPOSICIÓN: (puntuación máxima nesta fase, 8 puntos).
A puntuación desta fase suporá o 80% da puntuación máxima a acadar polos aspirantes no proceso de seleccióneconsistirá na realización das seguintes probas:

.- Primeiro exercicio: (obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico)
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I desta convocatoria. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non superen a puntuación mínima de 5 puntos.

.- Segundo exercicio:  (obrigatorio e eliminatorio de carácter práctico)
Seguidamente procederase a realizar unha proba práctica escrita de carácter obrigatorio sobre o traballo a desenvolver, puntuándose de 0 a 10 puntos. As persoas aspirantes desenvolverán por escrito, no prazo máximo dunha hora, un informe con proposta de resolución sobre un caso práctico, a elixir de entre dous establecidos polo Tribunal inmediatamente antes da proba. Os supostos establecidos versarán sobre os contidos das materias en materia de servizos sociais de atención primaria. Serán eliminados todos aqueles aspirantes que non superen a puntuación mínima de 5 puntos.
.- Terceiro exercicio: (obrigatorio e non eliminatorio)
Consistirá na tradución dun texto de castelán a galego ou de galego a castelán, determinado polo Tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que se puntuará de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.
Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007, e a Orde do 10 de febreiro de 2014 que modifica a anterior, polas pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos. Aos efectos de quedar exentos da realización desta proba, os aspirantes achegarán xunto coa instancia, copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua galega aos cales se lles asignará nesta proba 3 puntos.
4 CUALIFICACIÓN FINAL.
A puntuación total do proceso selectivo será a suma  das cualificacións obtidas polos aspirantes nos distintos exercicios das fases do concurso-oposición. Rematada a selección o Tribunal formulará unha proposta á Alcaldía coa persoa aspirante que obtivese a maior puntuación no proceso de selección, e que se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Tui .

5 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por fax ao núm. 986.604.148, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluídos na lista de admitidos. Xunto á instancia achegaranse os seguintes documentos:

 * Copia cotexada do DNI.

 *Copia cotexada do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

*Copia cotexada do título de Grao en Traballo Social ou Diplomatura en Traballo Social.

 *Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.
   
  *Copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados, de conformidade co baremo establecido na base 3.A), da presente convocatoria. 
  
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante Resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita Resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org// ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta Resolución incluirase a composición do Tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na Resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará na mesma forma. Contra a Resolución na que se declare a

exclusión definitiva da persoa aspirante, esta, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdición Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Tui.
           
6 SELECCIÓN DOS CANDIDATOS
 Rematado o prazo de presentación de instancias, o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectuar a selección conforme se describe no punto 3 destas bases.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O Tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o presidente e o secretario ou quen legalmente os substitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepción de asistencias, se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servizo.

O Tribunal na súa actuación, axustarase ao establecido nas presentes bases. No que non estea disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

Poderanse designar asesores, con voz pero sen voto para asistir ao Tribunal no desenvolvemento do proceso de selección.

Rematado o proceso de selección, o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e proporá ao Sr. alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo. En caso de empate na devandita relación, a orde establecerase  atendendo aos seguintes criterios:
*-primeiro: a maior puntuación obtida na  fase de oposición
*-segundo: a maior puntuación obtida na valoración dos méritos da fase de concurso
*-terceiro: de persistir o empate, resolverase por sorteo.

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da relación, no taboleiro de edictos do Concello, a persoa aspirante proposta deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas bases para acceder ó posto de traballo, así como o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza das indicadas nestas bases por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningunha das persoas aspirantes a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.         
7 INTERPRETACIÓN DAS BASES
O Tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e adoptar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.


OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



CONSEJO GENERAL DEL PODER JUDICIAL.
Convocatoria de plazas de Magistrado suplente y de Juez sustituto, para el año judicial 2015/2016, en el ámbito de los Tribunales Superiores de Justicia de Andalucía, Ceuta y Melilla, Aragón, Principado de Asturias, Illes Balears, Canarias, Cantabria, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Cataluña, Comunitat Valenciana, Extremadura, Galicia, Comunidad de Madrid, Región de Murcia, Comunidad Foral de Navarra, País Vasco y La Rioja.
PLAZO: 20 días naturales  (hasta el 26/03/2015).

2/3/15

AXENCIA TURISMO DE GALICIA RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas e se procede á súa convocatoria.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150302/AnuncioG0256-200215-0001_gl.html

CEG: BOLETÍN DE EMPREGO SEMANAL

http://www.ceg.es/docs/1/oferta_de_emprego_do_1_ao_8_de_marzo.pdf?lang=1

Jornada para la recogida de currículos de cara a la próxima revisión en la central de Endesa

El Concello de As Pontes promueve un encuentro entre empresas que ofrecen empleo y trabajadores a los que les falta. El próximo jueves, día 5, se organizará en la sala del Mercado Vello, en la localidad, una feria en la que participarán las compañías que van a estar presentes en la próxima parada de la central térmica de Endesa para recoger los currículos de desempleados que estén dispuestos a trabajar en dicha actividad.
En la última revisión de uno de los grupos productivos de la central térmica pontesa, a finales del pasado año, participaron 24 empresas y 350 trabajadores. Se trata de un hito importante para el mercado laboral de esta comarca, especialmente azotada por el desempleo, que el Concello de As Pontes quiere, de esta forma, abrir a todos los interesados. La responsable de la Concellería de Emprego, Ana Pena, indicó que durante toda esta semana se ofrecerá información a los interesados en el Concello.
Durante la mañana del jueves, en el Mercado Vello, se situarán stands particulares de las empresas que van a participar en la próxima reparación, en los que se recogerán los currículos.

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



OFERTA DPrácticas educativas en áreas de Tecnología e Innovación de BBVAE EMPLEO:

Desde BBVA queremos ofrecer a todos los estudiantes y recién Graduados/Licenciados de Ingenierías de Telecomunicación e Informática la posibilidad de desarrollarse profesionalmente en un entorno internacional y multidisciplinar en el que poder afianzar los conocimientos adquiridos en la carrera, ganar polivalencia y complementar sus estudios con conocimientos económicos y financieros. 
Ofrecemos: Un periodo de prácticas remunerado de 6 meses de duración, diferentes tipos de Jornada (Mañana, Tarde, Jornada completa), integración en un grupo dinámico donde se potencia el desarrollo personal y profesional y en el que podrás aprender de los proyectos y profesionales que integran el Departamento en el que realices la beca.

Actualmente contamos con una gran variedad de ofertas en el departamento de Innovación y Tecnología abarcando áreas que van desde el Desarrollo IT, Sistemas y Arquitectura, Tecnología y Seguridad hasta áreas de Tecnologías de Corporate & Investment Banking o Medios Retail entre otras.
Estas oportunidades te formarán y dotarán de conocimientos en aspectos tan variados como:
- La elaboración de modelos de desarrollo de proyectos informáticos en el entorno de servicios telemáticos (entorno host).
- Las fases del ciclo de vida productivo de los proyectos (desde la fase de conceptualización a la de post-implantación).
- Cash Management y conceptos asociados: canales, productos, hubs de pagos/cobros, etc.
- Modelos de pruebas (diseño y ejecución) de aplicaciones bancarias.
- Modelos de desarrollo de proyectos informáticos en el entorno de securities. - Modelos de Data Grid, Streaming y Java para baja latencia.
- Conocimiento en JavaScript y MongoDB.
- Desarrollo de servicios bancarios, creación y publicación de APIS rest, uso de una arquitectura de desarrollo basada en el framework Spring.
- Formación en arquitecturas distribuidas, SOA de servicios, Backend.
- Conocimientos básicos, a nivel funcional, de aplicaciones de mercados financieros.
- Metodología de trabajo en proyectos de tecnología en mercados financieros.
Para insertar tu cv en esta oferta, debes pulsar en el botón “Introduce tu currículum” que encontrarás más abajo.

Aptitudes y conocimientos deseados

Estudiantes o recién titulados en Licenciaturas y Grados en Matemáticas, Ingeniería Informática, Ingeniería de Telecomunicaciones, Estadística, Física o Postgrados relacionados.

Valorable nivel alto inglés y conocimientos avanzados del paquete Office.

Con interés por el entorno de la tecnología y la innovación, iniciativa, habilidades de comunicación, análisis y capacidad de trabajo en equipo.