6/2/15

Programa Transform@tic da Deputación Provincial de Lugo, enviámoslle a nova programación semanal de obradoiros


OBRADOIROS GRATUITOS - CENTRO DEMOSTRADOR TRANSFORM@TIC LUGO
Venres, 06 feb 2015 - Como utilizar as novas ferramentas de busca de emprego de forma efectiva
Sábado, 07 feb 2015 -Como utilizar as novas ferramentas de emprego para publicar as ofertas de forma eficaz
Luns, 9 feb 2015 - Descubre que se di ta túa empresa en internet
Martes, 10 feb 2015 - Cómo xestionar a relación cos teus clientes
Mércores, 11 feb 2015 - Como renovar a promoción do teu negocio mediante a mellora do impacto das imaxes
Venres, 13 feb 2015 - Ferramentas de almacenamento na nube (cidadáns)
Sábado 14 feb 2015 - Realizando a túa compra en internet de xeito segura e sinxela (cidadáns)
Lugar de realización: Centro Demostrador Transform@tic Lugo. 
Edificio Fundación TIC – Centro de Innovación Social “In Lugo". Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n. Pranta sótano.
Inscricións:
A través da http://transformatic.deputacionlugo.gal/rexistro cubrindo cos seus datos un formulario.
Unha vez rexistrado no portal web, desde o no apartado LO-GIN  poderá, co seu usuario e contrasinal, acceder a un área privada para inscribirse no listado de eventos http://transformatic.deputacionlugo.gal/eventos
Teléfono: 982-284-667 ext. 41

ORDE do 29 de xaneiro de 2015 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2015.

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2015 nas seguintes especialidades:
– Operador/ora industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/ora de gas, categoría A.
– Instalador/ora de gas, categoría B.
– Instalador/ora de gas, categoría C.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

5/2/15

CONCELLO DE MONTERROSO: SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL DE COIDADOR/A DE VIVENDA COMUNITARIA

Concurso para a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal, un posto de 
coidador de Vivenda Comunitaria da Terceira Idade Esporiz II 
Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria
Sistema de selección: Concurso-oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello e na web www.monterroso.es, con realización dunha entrevista curricular e proba práctica.

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_11480_1.pdf#PAGE=36

CURSOS CONCELLO DE LÁNCARA (FEBREIRO)

https://docs.google.com/file/d/0B9-a1BXjkTdvc3ZhOWZ4b0J1QkU/edit

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA