2/10/15

Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de Clave

Comunícase que está aberto o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de Clave (594405).
 Requisitos (entre outros): 
1. Titulación (a titulación de profesor superior terá preferencia sobre o título de profesor do plan do ano 1966 ou dos declarados equivalentes aínda que a puntuación do baremo sexa inferior).
a) Título de profesor superior de clave.
b) Título de profesor de clave, expedido ao abeiro do Decreto 2618/1966.
c) Calquera outra titulación declarada equivalente para efectos de docencia.
2. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.
Prazo de solicitude
O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.
Cuarto. Importe e pagamento dos dereitos de inscripción nas listas (código 30.03.01)
Os dereitos de inscripción nas listas serán de 16,98 euros.
Estarán exentos do pagamento, logo de xustificación documental:
a) Persoas con minusvalía igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:
a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
Quinto. Modelo de solicitude
O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario