29/9/15

XORNADA GALICIA EMPRENDE EN LUGO

O próximo xoves, día 1 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, desenvolverase a Xornada Galicia Emprende impulsada polo Igape en colaboración coa Escuela de Organización Industrial co obxectivo de impulsar a iniciativa emprendedora e a consolidación de novos proxectos empresariais. Os emprendedores poderán asesorarse en marketing, finanzas e estratexia empresarial e internacional, así como grabar en vídeo os seus proxectos. Realizaranse ademais talleres de comunicación do plan de negocio e de coaching.
Por outra banda, haberá unha charla de financiamento e unha mesa redonda con experiencias de emprendedores.
A xornada forma parte dun ciclo de encontros arredor do emprendemento que se celebrarán tamén, durante as próximas semanas, en Lugo, A Coruña e Vigo, así como un Foro de Emprendemento en Santiago.
 Máis información: http://www.eoi.es/es/eventos/18495/jornada-galicia-emprende-lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario