2/1/15

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA: convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral


ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionaisRelación de  familias profesionais:Familia profesional: Administración e Xestión.Familia profesional: Agraria.Familia profesional: Artes Gráficas.Familia profesional: Edificación e Obra Civil.Familia profesional: Electricidade e Electrónica.Familia profesional: Fabricación Mecánica.Familia profesional: Hostalaría e Turismo.Familia profesional: Industrias Alimentarias.Familia profesional: Instalación e Mantemento.Familia profesional: Madeira, Moble e Cortiza.Familia profesional: Química.Familia profesional: Sanidade.Familia profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade.Familia profesional: Transporte e Mantemento de Vehículos.
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150102/AnuncioG0164-181214-0002_gl.html

COGAMI:OFERTA DE EMPREGO


OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA


30/12/14

CURSOS DEPUTACIÓN DE LUGO: PACTO POLO EMPREFO II. XA ESTÁN PUBLICADAS AS DATAS E CONCELLOS ONDE SE IMPARTEN.

Máis información: http://pactopoloemprego.cpo.es/wp-content/uploads/2014/12/PLANIFICACI%C3%93N-CURSOS-INICIO-FEBRERO.pdf

CONCELLO DA FONSAGRADA: MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN CON CARACTER TEMPORAL DUN/DUNHA MONITOR/A SOCIOCULTURAL E DE TURISMO

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello da Fonsagrada de data 16 de decembro de 2014
aprobáronse as bases para a contratación temporal dun/dunha monitor/a sociocultural e de turismo.
Tipo de duración do contrato: Contrato de duración determinada por obra ou servizo. Duración: Desde a súa formalización ata o 31/12/2015. 
Horario: A fixar polos órganos de goberno tendo en conta o horario de apertura da Oficina de Turismo.
Sistema selectivo: Concurso de méritos e proba práctica 
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello da Fonsagrada no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio (non se consideraran días hábiles o 24 e o 31 de decembro). Se o último día coincidise en inhábil ou en sábado o prazo quedará prorrogado ata o seguinte día hábil. No caso de presentarse a solicitude en rexistro distinto ao do Concello da Fonsagrada deberá adiantarse por fax copia da instancia dentro do prazo de presentación das instancias.
Documentación a presentar: Solicitude, documentación xustificativa dos méritos e xustificante de ter
aboado a taxa por dereitos de exame.
Taxas por dereitos de exame: 15 € a ingresar na conta do Concello nº ES12 2080 0118 4331 1000 0028.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello da Fonsagrada (www.fonsagrada.org).

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_11287_1.pdf#PAGE=12