En Nasas buscamos incorporar un novo membro junior ao equipo de márketing online para que traballe nas nosas oficiñas dende o 2 de xaneiro de 2015.
Os requisitos imprescindibles son:
-perfecto coñecemento do galego e do castelán
-coñecementos altos de inglés (B1)
-creatividade, boa redacción e coñecemento profesional de plataformas blog e social media, xestionando comunidades para marcas o institucións.
-proactividade, interese polos medios dixitais e a publicidade en xeral.
-manexo de Word (avanzado), Excel (medio), Power Point (medio) e Photoshop (básico).
Valorarase:
-Licenciatura ou Grao en Márketing, Xornalismo ou Publicidade
-Experiencia na xestión de Social Ads e técnicas de optimización de CPCs, CPMs e CPFs
-Coñecementos de SEO e analitica web
-Coñecementos de SEM (se non tes as certificacións de Google Adwords terás que pasalas antes de incorporarte. Poderiamos axudarte con isto).
-persoa activa en redes sociais, que coñeza a realidade de Galicia e as súas empresas.
Condicións:
-Xornada completa, venres pola tarde libres, formación continua a cargo da empresa, horario flexible e boa música na Axencia.
Se queres incorporarte a unha axencia xove e en continuo crecemento, situada no centro da Coruña e que ten como clientes as empresas máis importantes de Galicia, envíanos unha mail a:work@nasassocialmedia.com coa Ref. Content Curator e o seguinte:
- Nome, data de nacemento, datos de contacto e lugar de residencia
- Estudios universitarios ou outra formación relevante para este traballo
- Experiencia profesional (se a tes) que sexa relevante para este traballo
- Idiomas e programas informáticos que coñeces
- Usuario de Twitter e Linkedin (se os tes)
- Con qué marcas che gustaría traballar por sector, p.ex: enxeñería, moda, sector social, etc.
Podes envialo ata o 16/12/2014.
Máis información: http://nasassocialmedia.com/blog/vacante_traballo_nasas