3/11/14

Persoa limpadora para o Concello do Páramo


O Concello do Páramo busca unha persoa limpadora para contratación temporal.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de novembro de 2014.
Máis información no BOP de Lugo do 29 de outubro de 2014
O Museo Nacional do Prado convoca a bolsa Senado de España-Museo Nacional do Prado, para a formación de futuros especialistas e fomentar a investigación en distintas áreas do Museo.

Requisitos: titulación de licenciado ou grao en Historia da Arte, obtida nos últimos cinco anos, finalizando con posterioridade a xuño de 2009.

A bolsa convocada terá como fin a formación de especialistas e fomentar a investigación na Área de Conservación de Pintura do século XIX. A bolsa para investigador-documentalista destínase a participar nun proxecto sobre a vida e obra de Mariano Fortuny e Marsal (1838-1874).

A contía da bolsa é de 18.000 € anuais.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de decembro de 2014.
Máis información no BOE do 3 de novembro de 2014.

Enxeñeiro/a de Proxecto / Técnico/a de Mostraxe para traballos de investigación e remediación de solos contaminados


Empresa

Empresa: LITOCLEAN, S.L.
Localidade de traballo: Lugo, a Coruña

Datos da oferta

Requisitos:
  • Titulacións científico/técnicas.
  • Coñecementos de Xeoloxía. Desexables coñecementos en solos contaminados e en xestión ambiental.
  • Desexables coñecementos de inglés.
  • Office nivel usario. Desexable Autocad.
Funcións:
TRABALLOS DE REMEDIACIÓN:
  • Control e seguimento do sistema de remediación do subsolo en emprazamentos activos.  Revisión e supervisión do control/axuste  equipos de remediación realizados por parte dun electromecánico.
  • Revisión e control das instalacións industriais presentes no emprazamento para descartar novos aportes de contaminación ao subsolo.
  • Toma de mostras de auga subterránea e de gas. Ensaios hidráulicos.
  • Redacción informes de seguimento da remediación.
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN:
  • Testificación litolóxica en sondaxes. Toma de mostras de solo e auga subterránea. Ensaios hidráulicos.
  • Redacción informes
Condicións laborais:
  • Contrato por obra e servizo.
  • Xornada a convir.
  • Salario en función do perfil
  • INCORPORACIÓN INMEDIATA

Data límite de recollida dos CV: Mércores, 05 de novembro de 2014

Contacto

Contacto:
Máis información:
Jenny Nilsson / Begoña Mundó
Tfnos.: 933 667 535 / 609 624 238
Envío de CVs por correo electrónico: jnilsson@litoclean.es