12/9/14

V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde


Raquel Arias presentou hoxe o V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde, que se desenvolverá en outubro en Lugo, xunto con representantes da organización e das institucións colaboradoras
Lugo, 11 de setembro de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, sinalou hoxe que o desenvolvemento económico da provincia está ligado “ao aproveitamento sostible do medio ambiente”. Así o expuxo durante a presentación do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde, que se celebrará en Lugo entre os días 13 e 16 de outubro.
Arias apuntou que “a explotación sustentable dos recursos naturais” é o factor diferenciador que pode dar impulso á nosa economía, “non so pola nosa dependencia dos produtos do agro e forestais senón tamén pola riqueza paisaxística que favorece o turismo e que todos nos esmeramos en preservar”, afirmou.
Acompañada polo organizador do congreso, Francisco Peña; o alcalde, José López Orozco, e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, a delegada subliñou a importancia deste evento “para un territorio como o noso, xa que facer repaso do estado da saúde ambiental dunha maneira periódica é fundamental para non desviarse do camiño correcto e para coñecer o potencial de actividades ligadas ao medio natural capaces de producir emprego, renta, saúde e benestar na poboación”.
O congreso terá lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta e contará coa participación dunha trintena de expertos. A conferencia inaugural correrá a cargo de Federico Mayor Zaragoza, director xeral da Unesco durante 12 anos e presidente da Fundación Cultura de Paz.
En paralelo ao congreso desenvolverase o LIV Curso de Saúde Ambiental. Ambos proxectos forman parte do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2014 e contan xa cunha longa traxectoria. Así, polas aulas destes cursos –que se celebran de xeito itinerante polos municipios galegos- levan pasado preto de 1.400 estudantes e profesionais, converténdose nun referente para ambientalistas de toda España e do norte de Portugal.
 

Curso de nivel básico de prevención en construción

A Fundación Laboral da Construcción convoca o curso de nivel básico de Prevención en construcción. Os alumnos que superen esta formación, sempre cumpran os restantes requisitos, poderán solicitar a TPC. Tarxeta Profesional da Construción

Modalidade: Mixta, 20 horas presenciais e 40 a distancia
Destinatarios: Preferiblemente traballadores en situación de desemprego
Requisitos: Non se requiren
Financia: OPPC. Organismo Paritario na Prevención en Construción
Imparte: Fundación Laboral da Construción de Galicia
Impartición: Setembro a decembro, as datas de cada edición aparecen no enlace
Prazo de inscrición: Ata completar prazas (25 por cada edición)

Máis información en http://ofertaformativa.cursosenconstruccion.com/?idterritorial=10

11/9/14

Ayudantes de Instituciones Penitenciarias

Ayudantes de Instituciones Penitenciarias

CURSO TU VIDA EN UN CLICK COMERCIO ELECTRÓNICO Y MARKETING ON-LINE 2.0

CURSO TU VIDA EN UN CLICK COMERCIO ELECTRÓNICO Y MARKETING ONLINE 2.0
Duración: 250 horas
Dirigido a:
- Mujeres empresarias que quieran conocer las posibilidades de aplicar el
e-commerce en su negocio.
- Mujeres desempleadas y/o en mejora de empleo que quieran conocer las
posibilidades del e-commerce como instrumento para el emprendimiento.

Requisitos de acceso:
El 80% de la formación estará basada en el uso de herramientas informáticas, y uso de
plataforma de formación online, por lo que es imprescindible tener acceso a un equipo
informático y conocimientos de informática a nivel de usuario.
Metodología:
La formación combina la impartición de contenidos en modalidad de teleformación con
sesiones presenciales, trabajo a distancia y un programa de tutorías individualizadas.
INSCRIPCIONES
Las inscripciones se formalizarán por correo electrónico en la dirección galicecanlugo@gmail.com o mediante descarga y envío de inscripción en
http://tuvidaenunclick.blogspot.com.es

Concello de Monterroso: Convocatoria para a selección de profesores/as para a impartición de clases de música na Escola de Música do Concello de Monterroso, de monitores/as de ocio municipais e de monitores/as para almorzos saudables

CONVOCATORIA PARA A selección de profesores/as para a impartición de clases de música na Escola de Música do Concello de Monterroso, de monitores/as de ocio municipais e de monitores/as para almorzos saudables, durante o curso escolar 2014/2015
Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria para cada unha das categorías.
Sistema de selección: Concurso, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na
Secretaría do Concello e na web www.monterroso.es.

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_10640_1.pdf#PAGE=25

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA