27/8/14

Ciclos formativos da formación profesional básica


FP-LogotipoA Consellería de Educación convoca os ciclos de formación profesional básica para o curso 2014/15.

Requisitos de acceso á oferta obrigatoria:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A

SERGAS: LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL PASADOR/A FERRO E LAVANDEIRO

Remata o prazo o día 31 de agosto para anotarse nas listaxes de contratación temporal do SERGAS para as categoría profesionais de PASADOR/A DO FERRO (planchador/a) e LAVANDEIRO/A.
 A inscrición resulta obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar nas listas que se elaboren por cada categoría das previstas no punto primeiro da resolución, figurasen ou non inscritas nas listas da mesma categoría elaboradas ao abeiro do Pacto do 24 de maio de 2004 (DOG nº 104, do 1 de xuño).
2.2. A formalización das solicitudes de inscrición efectuarana as persoas interesadas a través do currículo profesional habilitado electronicamente
(FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos) ao cal se accederá a través da páxina web (www.sergas.es), na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio).
O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Unha vez formalizado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

CONVOCADAS 20 PRAZAS PARA O CORPO SUPERIOR DE ADMINISTRADORES/AS CIVÍS DO ESTADO

Se convoca proceso selectivo para cubrir 20 plazas del Cuerpo Superior de 
Administradores Civiles del Estado, Código 1111, por acceso libre y 6 por promoción 
interna, de las comprendidas en el Real Decreto 228/2014, de 4 de abril

Prazo presentación solicitudes: ata 0 16 de setembro

CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS)

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Para os cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Os centros tamén poderán facilitar ás persoas interesadas os modelos que se xuntan como anexos I (cod. ED104G) e III (cod. ED104H) desta orde.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2014, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 15 de decembro de 2014 ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre

CENTRO UNIVERSITARIO DA DEFENSA - ESCOLA NAVAL MILITAR: convoca concurso público para a contratación de persoal docente


ANUNCIO do 22 de agosto de 2014 polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (CPD06).
A Dirección do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) na Escola Naval Militar de Marín (en diante, ENM), en uso das súas competencias, tras a aprobación na reunión do Padroado do 14 de novembro de 2013, con base na disposición adicional vixésimo terceira (Cobertura das necesidades de persoal docente dos centros universitarios da defensa) da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, e recibida autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (escrito de data 18 de xullo de 2014), resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público, polo procedemento de urxencia, para cubrir as necesidades docentes existentes mediante a contratación en réxime laboral de persoal docente, para as seguintes categorías:
Categoría de profesor
Número de prazas
Axudante doutor
2
Este concurso rexerase polo disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, así como polo Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992), e pola normativa reguladora do procedemento para a provisión de prazas de persoal docente e investigador do CUD na ENM, aprobada na reunión do Padroado do 8 de marzo de 2010.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar (praza de España, s/n, 36920 Marín, Pontevedra), así como na páxina web do Centro Universitario da Defensa (http://cud.uvigo.es - Persoal - Persoal docente e investigador (PDI) - Concursos de profesorado - Sexto concurso de persoal docente contratado (código CPD06).
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deberán dirixir ao director do Centro Universitario da Defensa no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.
Marín, 22 de agosto de 2014

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA




26/8/14

TRABALLADOR/A SOCIAL PARA CONCELLO DE BUEU

Contrato baixa por maternidade
Prazo presentación de instancias: 10 días hábiles a partir da publicación no BOP  (22/08/14)

Máis información: http://www.concellodebueu.org/nova.php?filId=1236&idioma=ga&filDpto=0&filTipo=0&filEstado=0&filNome=0&filSel1=1&filSel2=0&filMenu=MENU1_8

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



UNIVERSIDADE DA CORUÑA convoca concurso público para unha praza de persoal docente e investigador contratado para o curso académico 2014/15.


ANUNCIO do 14 de agosto de 2014 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca concurso público para unha praza de persoal docente e investigador contratado para o curso académico 2014/15.
De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría, logo da autorización conxunta das consellerías de Facenda e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 30 de xullo de 2014, resolve anunciar a publicación da convocatoria de concurso público para a contratación de persoal docente e investigador para o curso académico 2014/15 na seguinte categoría:
• Profesor contratado interino de substitución: 1 praza.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse na Reitoría (rúa da Mestranza, nº 9), na Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da Universidade:
http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 14 de agosto de 2014

25/8/14

OFERTA DE EMPREGO EN PARADELA

 Parrillada A VEIGA (Paradela)

Necesíta CAMAREIRA DE COMEDOR - AXUDANTE DE COCIÑA

Non é imprescindible experiencia

Media xornada (para servir o xantar) con posibilidade de  aumento a xornada completa e estabilidade laboral

Máis información:  679 444 996 

Conductor (C) Lugo

Conductor (C)
Fecha:
23/08/2014
Lugar:
- Lugo - España
Puestos vacantes:
1
Funciones:
Carga, descarga y transporte de mercancía Vegadeo - Navia - Luarca - Tapia - Ribadeo
Camión propiedad de la empresa, apropiado para perecederos.

Requisitos:
Carné C + CAP (de corresponder tenerlo)
Experiencia laboral mínima de 2 años realizando repartos o transporte diario en camión.

Se ofrece
Contratos temporales para sustitución de trabajadores en vacaciones y refuerzos en puntas de producción.
Contratación laboral en una empresa solvente y seria.

Tipo de contrato:
De duración determinada

Jornada laboral:


Máis información: http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/conductor-c/lugo/1579687/

Oferta de empleo como Responsable área laboral en Importante asesoría en Lugo



Responsable área laboral
Fecha: 25/08/2014
Lugar: Lugo - Lugo - España
Puestos vacantes: 1
Referencia 1704271
Funciones: Se precisa para asesoría en expansión con clientes consolidados. Sus funciones serán las de responsable de todo el proceso laboral:
- A nivel de administración de personal, contratación Laboral, Nóminas, Gestión de altas y bajas, Seguridad Social, IRPF, Hacienda.

- Trámites relacionados con la administración pública, asistencia a juicios, conciliaciones, inspecciones y similares.

Requisitos: LICENCIADO EN CC. DEL TRABAJO ABOGADO LABORALISTA. Persona responsable, activa, organizada, con alta capacidad de trabajo, con experiencia contrastada en asesoramiento empresarial o con experiencia en departamentos jurídicos de empresa. Experiencia mínima de 3 a 5 años en puesto similar.

Máis información: http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/responsable-area-laboral/lugo/1704271/