7/8/14

Prazo de inscrición en listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de LAVANDEIRO e PASADOR DE FERRO

Santiago, 17 de xullo de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se dá publicidade ao inicio do prazo de inscrición en listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de lavandeiro e pasador de ferro.
 
Con esta convocatoria incorpóranse dúas novas categorías ao proceso de selección automatizada, consonte baremo, de aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. Con este sistema simplifícase a tramitación do proceso e dótase de maior axilidade e total transparencia á xestión da selección e chamamento das persoas aspirantes para vinculacións de carácter temporal.
 
O acceso ás listas está aberto a calquera persoa interesada, incluído o persoal estatutario fixo por promoción profesional, que reúna, en ambos supostos, os requisitos esixidos na resolución de apertura do prazo de inscrición
 
Na actualidade son 28 as categorías que xa dispoñen de lista en funcionamento consonte o novo sistema.
 
Procedemento de inscrición
As persoas interesadas que desexen solicitar a inscrición nestas listas deberán cubrir unha solicitude, en modelo normalizado, que estará dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) no apartado de FIDES/expedient-e/sección de Procesos. O prazo de inscrición iníciase o 18 de xullo e remata o 30 de agosto de 2014.
 
Logo de formalizada electronicamente a solicitude de inscrición, a persoa aspirante deberá confirmala, asinala e presentala, xunto coa documentación requirida, nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
 
Están habilitados nos diversos centros de xestión do organismo puntos de información e apoio administrativo co obxecto de resolver as dúbidas que poidan xurdir e facilitar ás persoas interesadas a presentación da solicitude de inscrición.
 
Próximas publicacións
En breves datas publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos e os resultados da baremación provisional das categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeiro técnico.

4/8/14

Posto de Secretaría-Intervención no Concello de Pantón


Convocatoria para cobertura con carácter de interinidade dun posto de Secretaría-Intervención no Concello de Pantón
Concurso de méritos.
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais contados a partir de mañá 5 agosto.
 Requisitos (entre outros):
 Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de
instancias, do título de licenciado en Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía,
Administración e Dirección de Empresas, Economía, Licenciado en Ciencias Actuarías e Financeiras ou equivalente.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia anuncia a convocatoria de dúas prazas de técnico auditor para o órgano de control.

CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA

ANUNCIO de oferta de emprego temporal de dúas prazas neste consello.
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia anuncia a convocatoria de
dúas prazas de técnico auditor para o órgano de control.
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir posto de carácter temporal de técnico
auditor.

Segundo. Terán acceso a cubrir esta praza os titulados superiores, técnicos ou grao
en Ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos.
Valorarase
experiencia no sector da agricultura ecolóxica e na inspección e certificación de produtos
agroalimentarios, coñecementos de informática, dispoñibilidade para viaxar, carne
de conducir e vehículo propio.
Terceiro. As solicitudes, que incluirán curriculum vitae e copia das titulacións requiridas
para participar nesta convocatoria, poderanse presentar no prazo dez días naturais
a partir da publicación deste anuncio, no seguinte enderezo: Consello Regulador da Agricultura
Ecolóxica de Galicia, Apdo. nº 55, 27400 Monforte de Lemos, Lugo ou por email a
craega@craega.es.
Monforte de Lemos, 23 de xullo de 2014

FEUGA y la Fundación Alcoa ponen en marcha una iniciativa para facilitar la incorporación de 50 jóvenes desempleados al mercado laboral

El desarrollo del convenio incluye varios puntos de interés. Se procederá a la selección del becario que debe estar en posesión de un título universitario o de Formación Profesional, tener entre 18 y 24 años y cumplir las condiciones establecidas para obtener una beca FEUGA. La selección final / entrevista del becario se realizará en la sede de dicha entidad.
Estas acciones se desarrollan dentro del programa Internship Program for Unemployed Youth Internship Program for Unemployed Youth de la Fundación Alcoa.
Una vez se designe como beneficiario de la beca, el joven cursará dos actividades formativas, siempre compatibles con las prácticas en las empresas. Por una parte, realizará el programa de desarrollo profesional Despega que consiste en 53 horas de formación on-line que le permitirán al becario adquirir las siguientes habilidades interpersonales: cómo dar y recibir feedback constructivo; cómo trabajar en equipo y negociar con integridad; cómo ser responsable y gestionar el tiempo propio y los recursos disponibles. Por otra parte, recibirá formación semi-presencial más específica en dónde se le ensañará a gestionar redes para localizar trabajos; realizar búsquedas de empleo; identificar y dirigirse a proveedores de formación; redactar un currículum; conocer un proceso laboral; preparar una entrevista de trabajo; etc.
Las prácticas en la empresa se prolongarán durante dos meses a media jornada, o bien un mes a jornada completa. Los meses de junio y julio de 2014 son el período estimado para la realización de dicha práctica, si bien, estas fechas son flexibles.
La empresa contribuirá económicamente al desarrollo del programa que FEUGA y Fundación Alcoa ponen en marcha mediante la cantidad de 200 euros. La contribución se efectuará mediante donación, sujeta al régimen fiscal establecido en la Ley 49/2002, de régimen fiscal de las entidades sin fines lucrativos y de los incentivos fiscales al mecenazgo.
Cualquier empresa interesada en optar a este programa o en recibir más información deberá ponerse en contacto con Feuga en el teléfono 981 534 180 ext.: 103, o bien a través de la dirección de correo-e feugaempleo@feuga.es.
Para más información sobre los programas de becas de FEUGA pulse aquí.

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA


Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140804/AnuncioG0256-290714-0001_gl.html