20/6/14

PORTO VILAGARCÍA:

 Convocatoria pública de BOLSA DE TRABALLO PARA POLICIA PORTUARIO

Máis información: http://www.portovilagarcia.es/es/autoridad-portuaria/empleo-publico.html

Agencia Estatal de Meteorología:


Convocatoria de bolsas de formación de posgraduados 2015-2016
Prazo solicitudes ata: 27 xuño 2014

Máis información: http://www.aemet.es/es/anuncios/cursosybecas/becas

CONVOCATORIA 60 PRAZAS CORPO INSPECTOR/A DE POLICIA


Oposición libre
Requisitos: Titulación de Diplomatura, Enx Tco, Arquitec. Tca ou superiores


Máis información: http://www.policia.es/oposiciones/e_ejecutiva.html
http://www.policia.es/oposiciones/ejecutiva/2014/convocatoria.pdf

CONCELLO DE PARADELA: CONVOCATORIA PRAZA OPERARIO DE SERVIZOS


- Número de prazas: unha (1)
- Sistema de selección: Concurso-oposición.

 REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
3.1. Requisitos xerais: os sinalados no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado Público
(Lei 7/2007, de 12 de abril).
a) Ter nacionalidade española sen prexuízo so establecido no artigo 57 do Estatuto Básico do
Empregado Público (Lei 7/2007, de 12 de abril).
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo sen que se
padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas, nin atoparse inhabilitado por resolución xudicial firme para o exercicio de funcións
públicas.
e) Non se esixe estar en posesión de ninguna das titulacións académicas previstas no sistema educativo
en virtude da Disposición Adicional Sétima da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto do Empregado
Público.
3.2. Requisitos específicos:
- Estar en posesión do permiso de conducir B1 ou equivalente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN INSTANCIAS: 20 días naturais

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_ultimoBOP.jsp&codbusqueda=305&language=gl&layout=p_20_contenedor1.jsp

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



18/6/14

CONCELLO DE SADA: PSICÓLOGO/A

CONCELLO DE SADA (A CORUÑA).
Bases e convocatoria de 1 praza de Psicólogo/a (interino/a).
Prazo: 5 días hábiles  (ata o 23/06/2014).

Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/06/17/2014_0000006525.pdf

LICENCIADO/A EN MEDICINA (LUGO)

SARquavitae, compañía líder en servicios sanitarios y sociales selecciona a un/a LICENCIADO/A EN MEDICINA, para uno de nuestros Centros Residenciales en Castro Ribeiras do Lea (Lugo)

REQUISITOS:
- Licenciado/a en Medicina, se valorará especialidad en medicina de Familia o formación complementaria en Gerontología.
- Titulación homologada.
- Permiso de trabajo
- Experiencia, preferiblemente, en ámbito socio-sanitario, hospitalario o residencial.
- Persona responsable, resolutiva, con dotes organizativas y capacidad para el trabajo en equipo.


Funciones principales:
- Atención médica a los usuarios/as, control y seguimiento de la evaluación sanitaria.
- Participación en equipo multidisciplinar.

INCORPORACIÓN INMEDIATA

Máis información: https://www.infojobs.net/seleccionar/licenciado-medicina/of-i7165c29b6144768d7a085e1e450106


Oferta de ciclos formativos en Galicia


A Consellería de Educación publica a oferta de ciclos formativos para o curso 2014-2015.

Oferta para o réxime ordinario

Oferta para o réxime a distancia e semipresencial
Oferta FP Dual

Máis información no DOG do 16 de xuño de 2014 e enhttp://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

PUNTOS DE ASESORAMENTO PARA EMPRENDEDORES/AS


Lembramos que o Igape pon á disposición de todos aqueles/as emprendedores/as que o desexen puntos de asesoramento presenciais. No seguinte enlace podedes coñecer a fondo en que consisten e os servizos que ofrecen.


Convocadas 4 Bolsas Programa Mobilidade Leonardo da Vinci.


A Asociación Cultural Integra, convoca 4 Bolsas para practicas profesionais: 2 bolsas a Braga (Portugal) e 2 a Salerno (Italia). 
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 4 de xullo de 2014. Máis información: Asociación Cultural Integra Calle Adelaida Muro, 1B Bajo A - 15002 A Coruña. TlfO. 981260365

A Deputación de Lugo convoca 1 BOLSA PARA COLABORAR NO PROGRAMA FORMATIVO DE MEMORIA HISTÓRICA.



Dirixida a licenciados/as ou graduados en Historia e/ou Humanidades.
Duración da bolsa: 12 meses
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xuño

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_10128_1.pdf#PAGE=3

16/6/14

CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL: SELECCIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN CON CARACTER TEMPORAL DE DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL
Por Resolución da Alcaldía de data 11 de xuño de 2014 aprobáronse as bases para selección e contratación
temporal dun/dunha traballador/a social
Tipo e duración do contrato: A xornada completa, por obra ou servicio determinado durante 6 meses desde
o 1 de xullo de 2014.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de
cinco días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio, no caso de que o último día sexa
sábado ampliarase ata o seguinte hábil. No caso de presentarse a solicitude en rexistro distinto ao do Concello
de Folgoso do Courel deberá adiantarse por fax copia da instancia dentro do prazo de presentación de
instancias.
As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Folgoso do Courel.

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=24435&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

15 PRAZAS PARA PERSOAS COLABORADORAS-BOLSEIRAS PARA RESIDENCIAS XUVENÍS

ORDE do 3 de xuño de 2014 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras–bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2014/15.

Requisitos:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 5.1.B).

  Prazo de presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. 

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA