31/5/14

OFERTAS DE EMPREGO PARA CASA DE TURISMO RURAL

Persoa para desempeñar funcións varias:
  •  Servizo de mesas en restaurante e bar, habitacións, xestión comercial e de reservas
  • Requisitos: coñecementos medios (mínimo), preferiblemente muller.
- Persoa para limpeza, lavandería e habitacións (meses de xullo e agosto).
- Persoa para limpeza por horas, fins de semana.

Enviar CV a julia.rivas.fdz@gmail.com 

Tfno: 982 54 30 66 (horario de mañá)

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA


30/5/14

GADISA: OFERTA DE EMPREGO PARA 3 PROFESIONAIS DE INFORMÁTICA




REQUISITOS
- Ingeniería informática o grado en informática
- Residencia en Betanzos o alrededores
- Nivel alto de inglés
- No necesaria experiencia

OFRECEMOS
- Participación en proyectos de desarrollo y mantenimiento de sistemas informáticos en entorno web y de ISeries de IBM
- Formación a cargo de la empresa
- Estabilidad laboral

Máis información: http://www.gadisa.es/index.php?id=82

Becas 2015 para estudiantes extranjeros que estén interesados en estudiar en Universidad mexicanas



La Secretaría de Relaciones Exteriores (SRE), a través de la Agencia Mexicana de la Cooperación internacional para el Desarrollo (AMEXCID), ha lanzado la convocatoria anual de sus Becas 2015 para estudiantes extranjeros que estén interesados en estudiar en Universidad mexicanas.
Estas becas van destinadas para estudiantes de 180 países diferentes de todo el mundo por un periodo de duración variable y enfocadas a todos los niveles de estudio; Programas de movilidad para graduados o estudiantes a punto de graduarse, investigación o doctorados, programas de especialización, Máster o especialización médica. [Ver listado de Máster]
Requisitos
Para poder obtener una de estas becas ha de cumplir con los siguientes requisitos:
  • Título de licenciatura, máster o doctorado requerido para cursar el grado por el que se solicita la beca.
  • Tener un promedio como mínimo de 8 en escala del 0 al 10, o su equivalente, en el último grado de estudio.
  • Estar aceptado o cursando algún programa, en alguna de las instituciones mexicanas que forman parte de la convocatoria.
Dotación
Estas becas otorgan a los participantes:
  • Manutención mensual de $8,074.80 pesos mexicanos (unos 595.93 dólares) para becas de movilidad a nivel licenciatura, especialidad, maestría o investigación a nivel maestría, y estudios de español y cultura mexicana.
  • Manutención mensual de $10,093.50 pesos mexicanos (unos 744.91 dólares) para becas de doctorado, investigación doctoral, estancias postdoctorales, especialidades y subespecialidades médicas.
Además se le ofrecerá:
  • Inscripción y colegiatura, de conformidad con lo establecido en el programa de cada institución.
  • Seguro médico del Instituto Mexicano del Seguro Social (IMSS).
  • En caso de realizar sus estudios fuera de la ciudad de México, gastos de transporte cubiertos.
Plazo
Finaliza el día 31 de Julio de 2014.

 Máis información: http://www.scoop.it/t/foro-empleabilidad

CURSOS AFD EN LÁNCARA



-  Operacións básicas de restaurante e bar
-  Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais


Máis información: http://traballo.xunta.es/afd

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA



29/5/14

Un foro feminino de emprendemento analizará en Ourense o traballo rural

Deputación de Ourense e a Asociación de Executivas de Galicia poñen en marcha un foro de emprendemento feminino e desenvolvemento rural sostible para analizar iniciativas laborais aplicadas ao medio rural. A xornada, que terá lugar o vindeiro 4 de xuño, mércores,  no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, analizará experiencias de éxito no eido empresarial promovidas por mulleres nos sectores da moda, o viño, agroalimentario e o medio ambiente para que sirvan de referente a mulleres desempregadas e emprendedoras que queira iniciar un proxecto empresarial no medio rural.
Hoxe tivo lugar o acto de presentación do foro a cargo do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta de “Executivas de Galicia”, Carla Reyes. Baltar destacou que o goberno provincial “aposta sempre por iniciativas que favorezan a creación de emprego e polas políticas necesarias para a xeración de proxectos empresariais e de emprendemento, e esta é unha desas accións, enmarcada sinaladamente no ámbito do emprego feminino”.
POTENCIAIS AGROALIMENTARIO, TERMAL E TURÍSTICO
O presidente do goberno provincial afirmou que os concellos da provincia de Ourense “teñen un gran potencial nos ámbitos agroalimentario, termal, turístico e patrimonial que temos que aproveitar, e foros como este, didácticos e prácticos, contribuirán a mellorar a empregabilidade das mulleres e a situación socio-económica da nosa provincia”.
Pola súa banda, Carla Reyes explicou que Executivas de Galicia e a Deputación de Ourense “compartimos a idea de que o medio rural ofrece moitas posibilidades para emprender en feminino, tanto en sectores tradicionais como en mercados emerxentes”, e dixo que non hai que poñer límites aos proxectos empresariais no medio rural por mor da súa localización xeográfica, “pois as novas tecnoloxías son unha gran canle que facilita a comunicación e a comercialización”.
VISIBILIDADE DAS MULLERES
O obxectivo do foro é darlle visibilidade ás mulleres “historicamente agochadas das estatísticas”, segundo Carla Reyes, ” e para elo é necesario ofrecerlle oportunidades tanto ás que están emprendendo como as que padezan a situación de desemprego”.
O foro, que será inaugurado polo presidente provincial, Manuel Baltar, o vindeiro 4 de xuño, ás 9.30 horas, contará coa participación de empresarias e representantes de mulleres rurais, Igape e Xunta de Galicia. Entre as relatoras figura Sofía Godoy Gómez-Franqueira, da Fundación Coren; Isabel Garrido, presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense; Covadonga Toca, secretaria xeral do Igape; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade; José Manuel Pérez Canal, xerente de Aceites Abril e presidente da CEO; Miguel Ángel Viso, presidente da D.O. Ribeiro; Mónica Cordera, deseñadora; Esther Merlo, responsable do Departamento de I+D+i de Madera Plus Calidad Forestal; Anal Méndez, directora de Bodegas Grupo Reboreda Morgadío, e Rosa Corral, representante da firma La Colmena de Sofía.

OFERTAS DE EMPREGO NA PRENSA


A Deputación reedita #INLUGO14, o congreso de referencia en Galicia sobre redes sociais

O Presidente presentou hoxe o II Congreso de Cultura e Redes Sociais #INLUGO14, un foro gratuíto e para tódolos públicos, que terá lugar no Pazo de San Marcos os días 6 e 7 de xuño
- Participarán preto de 30 reputados profesionais como Ramón Lobo, xornalista, escritor de éxito, blogueiro e corresponsal de guerra; Carlos Fernández, un dos community manager do momento, responsable do éxito de @policia; ou Pepo Jiménez, coñecido como @kurioso
- Reedítanse os Premios INLUGO, que recoñecen proxectos lucenses no ámbito dixital. Dende mañá e ata o 4 de xuño, pódense entregar propostas para as 4 categorías existentes: Comercio, Ocio e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Acción Social; e Tecnoloxía
- O prazo de inscrición para o congreso ábrese o venres ás 12:00 horas en www.inlugo.com ou www.deputacionlugo.org. O aforo é limitado a 200 persoas, polo que as entradas se formalizarán por rigorosa orde de inscrición

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=24275&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codMenu=83&level=1

28/5/14

O Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) da Universidade de A Coruña (UDC), ubicado no campus de Ferrol oferta contrato laboral con cargo a proxecto para titulado/a en Enxeñería Industrial



O prazo de presentación: ata o 5 de xuño de 2014.


Os autónomos menores de 30 anos poderán recibir axudas de ata 2.600 euros máis que en 2013 grazas ao plan de emprego xuvenil



O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada a incentivar o emprego autónomo dos menores de 30 anos, que inclúe contías maiores que o programa de subvencións para autónomos maiores de 30 anos, que tamén sae hoxe no DOG
As axudas para os menores de 30 anos oscilan entre os 1.200 e 12.600 euros por mozo ou moza desempregado e as destinadas aos autónomos maiores de 30 anos de entre 5.000 e 10.000 euros
Con esta medida, en combinación coa estatal, garántese a gratuidade das cotas á Seguridade Social durante todo un ano aos mozos e mozas
Ás subvencións para os menores de 30 anos destínanse 4,5 millóns de euros, unha contía coa que se prevé beneficiar a 1.500 traballadores e traballadoras
A orde de subvencións enmárcase dentro do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta 2014/2015, un programa con 19 medidas das que 18 xa están en execución
O orzamento para a orde de autónomos maiores de 30 anos é de preto de 10,8 millóns co que se prevé beneficiar a máis de 1.800 traballadores e traballadoras
Santiago, 27 de maio de 2014.- O Diario Oficial de Galicia vén de  hoxe dúas ordes de axudas destinadas a promover o emprego autónomo ás que a Consellería de Traballo e Benestar destinará 15,3 millóns de euros para beneficiar a 3.300 autónomos e autónomas de Galicia. Os interesados terán de prazo ata o 30 de setembro para presentar a súa solicitude. Subvencionaranse, en concreto, as altas como autónomos que se formalizaran entre o 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014. A principal novidade que comparten os dous programas é a posibilidade de solicitar a axuda por establecemento como traballador autónomo e a subvención financeira sen necesidade de estar dado de alta no correspondente réxime da Seguridade Social no momento da solicitude.
Por una banda, o DOG publica tres liñas de axudas diferentes dirixidas en exclusivo aos autónomos menores de 30 anos, ás que se destinarán 4,5 millóns para beneficiar a preto de 1.500 mozos. Esta medida forma parte das 19 actuacións do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta, das que 18 xa están en execución. A orde prevé contías de entre 1.200 e ata 12.600 euros por desempregado. Nesta liña de axudas, introdúcese por primeira vez unha iniciativa “ambiciosa e novidosa”, xa que os menores de 30 anos que decidan constituírse como autónomos, e cuxa actividade non supoña un investimento elevado, recibirán 1.200 euros. Esta medida, combinada coa tarifa plana estatal de 50 euros, suporá que a súa cotización á Seguridade Social durante o primeiro ano estará subvencionada ao 100 por cento.
O programa de axudas que sae publicado hoxe no DOG recolle tres tipos de subvención: para iniciativas de autoemprego xuvenil, co propósito de facilitar aos xoves os ingresos durante o inicio da actividade; para o establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia; e unha axuda financeira para a redución de xuros de préstamos.
A subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil ten como obxectivo facilitar ingresos durante o inicio da actividade a aqueles mozos e mozas menores de 30 anos que emprendan unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia. O único requisito será estar dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade profesional. A axuda, novidosa e exclusiva para este programa de axudas, será de 1.200 euros, que se incrementará nun 10 por cento se o centro de traballo estivera situado en Lugo ou Ourense. Esta subvención non precisa acreditación de investimento mínimo.
Establecemento como autónomos
O segundo tipo de axudas está dirixida a facilitar o establecemento dos menores de 30 anos como persoa traballadora autónoma ou por conta propia. O requisito, ademais de estar dado de alta na Seguridade Social, será acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros. As contías a financiar oscilarán entre os 5.000 e 10.000 euros por mozo e moza desempregada e que varían en función das circunstancias do beneficiario. Deste xeito, primarase aos mozos e mozas con discapacidade; emigrantes retornados; desempregados procedentes de empresas en crise; desempregados de longa duración; e aqueles que esgotasen a prestación por desemprego. Estas subvencións incrementaranse entre 1.000 e 2.600 euros se se acredita un investimento en inmobilizado material o intanxible non inferior a 5.000 euros. A contía final resultante incrementarase nun 10 por cento se o posto de traballo a crear está ubicado nas provincias de Lugo ou Ourense, encadrándose esta medida nos plans Impulsa da Xunta para estas dúas provincias.
Subvención financeira
A terceira subvención desta convocatoria está dirixida á redución de xuros do préstamo para o financiamento do inmobilizado necesario para o desenvolvemento da actividade. Esta subvención, dun único pagamento, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia deste. Neste caso, as axudas oscilan entre os 5.000 e 10.000 euros, que varían, tamén, segundo a circunstancia persoal de cada beneficiario, primándose aos mesmos colectivos que as axudas destinadas para o establecemento como autónomos.
Maiores de 30 anos
O segundo programa destinado a autónomos que sae hoxe publicado no DOG está dirixido para os maiores de 30 anos e inclúe axudas de entre 5.000 e 10.000 euros tanto para o establecemento como autónomo ou por conta propia, como para a redución de xuros do préstamo necesario para o financiamento do inmobilizado necesario para o desenvolvemento da actividade. A Consellería de Traballo e Benestar destina a este programa preto de 10,8 millóns cos que prevé beneficiar a 1.800 autónomos maiores de 30.
A estes dous programas para fomentar o emprego autónomo se suman outras axudas da Consellería de Traballo e Benestar para este mesmo fin, como son o programa para persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas; subvencións para iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E); e o programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT). En global, a Consellería de Traballo e Benestar blindou este ano o orzamento destinado a autónomos con 25 millóns de euros.

27/5/14

PROBAS DE CLASIFICACIÓN NAS ESCOLAS DE IDIOMAS

1. As probas de clasificación teñen por obxecto facilitar a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma do alumnado que dispoña de coñecementos previos del.
2. Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que dexexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
3. Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que dexexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
4. As escolas oficiais de idiomas poderán realizar probas de clasificación para cada un dos idiomas que impartan, en función das solicitudes recibidas no prazo de inscrición.
5. O prazo de inscrición para as probas de clasificación será do 15 ao 30 de maio.
6. As probas de clasificación de cada idioma realizaranse nos primeiros vinte días do mes de xuño de acordo co calendario que estableza cada escola.
7. O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que realizar tamén a preinscrición no idioma correspondente, se dexexa optar a unha praza no primeiro curso do nivel básico no caso de que non obteña o acceso por proba de clasificación a un curso ou nivel superior.
8. A incorporación ao curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas no dito curso. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos cursos e niveis inferiores.
9. O resultado obtido nas probas de clasificación terá validez nas dúas convocatorias seguintes, para os efectos de formalizar a matrícula en calquera das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
10. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitará ás escolas oficiais de idiomas a estrutura e criterios de cualificación e corrección das probas de clasificación. Os departamentos didácticos das distintas escolas serán os responsables da elaboración, administración e avaliación destas probas.

LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

Convocatoria de 6 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos das universidades de Barcelona, Complutense de Madrid, Algarve (Portugal), Padua e Roma "La Sapienza" (Italia).
Prazo de solicitudes: 1 mes contado a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140522/AnuncioG0164-140514-0005_gl.html

LECTORADOS DE LINGUA , LITERATURA E CULTURA GALEGAS

Convocatoria de 4 prazas para a formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos das universidades de Extremadura, Deusto, Cork (Irlanda) e Miño (Portugal).
Prazo de solicitudes: 1 mes contado a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140522/AnuncioG0164-140514-0007_gl.html

Concello de Betanzos convoca 1 praza de AXENTE TIC


Contratación laboral temporal.
Sistema selectivo: concurso -oposición
Requisitos de  titulación :  Diplomado/a en Informática ou Educación Social.
Prazo: ata o  6 de xuño.

Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/ultimoBoletin.do;jsessionid=80C5099E0DE11D4402D1C587404CA1C5

26/5/14

PRAZAS CONVOCADAS PARA A XUNTA DE GALICIA



- Topógrafos/as.
- Enxeñeiros/as técnicos/as de minas .
- Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.
- Enxeñeiros/as de minas.
- Enxeñeiros/as de telecomunicacións.
- Arqueólogos/as.
- Facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e de arquivos.


Máis información: http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=%2F2014%2F20140526%2FSecciones3_gl.html

4 ENXEÑEIROS/AS TÉCNICOS/AS DE MINAS

A Xunta de Galicia convoca as seguintes prazas:
-  (sistema de acceso libre) + 1 reserva (persoas con discapacidade).
Requisito, entre outros: Titulación de Enxeñeiro/a técnico/a de minas, grao en enxeñaría técnica de minas.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140526/AnuncioCA01-200514-0002_gl.html

APERTURA LISTA DE AGARDA DE TÉCNICO/A SUPERIOR DE INVESTIGACIÓN PARA A USC


A USC convoca proceso de selección para a elaboración dunha lista de espera na categoria profesional de técnico/a superior de investigación.
Requisitos:
Estar en posesión do título de grao, doutor/a, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente


O prazo para a presentación de solicitudes:  ata o 2 de xuño de 2014

Máis información: http://www1.usc.es/WebPas/SPAS/Laborais/Contratacions.htm

CONCELLO DE SOBER: BASES DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL (PAG. 6, R. 1985)

CONVOCATORIA E BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE XÓVENES MENORES DE TRINTA ANOS COMO PERSOAL LABORAL NON FIXO PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE SOBER DURANTES OS MESES DO VERÁN.

Relación de empregos e tipo de xornada:
  • 2 Auxiliar Oficina de Turismo ½ xornada
  • 2 Auxiliar de Axuda no Fogar ½ xornada
  • 1 Auxiliar de deportes ½ xornada
  • 1 Peón de servizos múltiples ½ xornada.
  • 1 Auxiliar de viticultura ½ xornada. 
Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=24225&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

CONCELLO DE MONTERROSO: 1 PRAZA DE TÉCNICO/A DE TURISMO

Concurso para a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal, de 1 PRAZA DE
TÉCNICO/A DE TURISMO
Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de 6
días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria
Sistema de selección: Concurso, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na
Secretaría do Concello e na web www.monterroso.es, e realización dunha entrevista curricular.
Monterroso, 13 de maio de 2014.- O alcalde, Antonio Edelmiro Gato Soengas