10/5/14

CONCELLO DE POL: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A


O Concello de Pol abre proceso de selección para cubrir, con carácter interino, unha praza
vacante no cadro de persoal municipal mediante o sistema de oposición libre.

Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente
O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de maio de 2014

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_ultimoBOP.jsp&codbusqueda=305&language=gl&layout=p_20_contenedor1.jsp

I CONVOCATORIA DE BECAS ANDREW W. MELLON PARA EL “PROGRAMA CATEDRAL DE SANTIAGO”, REALIZADA POR LA FUNDACION GENERAL DE LA UNIVERSIDAD COMPLUTENSE DE MADRID Y LA FUNDACION BARRIÉ, EN COLABORACIÓN CON LA FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO, EL INSTITUTO DE PATRIMONIO CULTURAL DE ESPAÑA Y EL REAL COLEGIO COMPLUTENSE DE HARVARD

12 bolsas de investigación en dúas convocatorias, dous simposios monográficos, un congreso internacional e publicacións en torno ao programa de estudo e restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.


O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de xuño de 2014

Máis información:  http://www.programacatedral.com/becas-mellon

Docentes Curso Monitor de Tempo Libre


Búscanse docentes de Monitor de Tempo Libre en toda Galicia.
Requírese:
  • Licenciatura ou Diplomatura, preferiblemente na Rama Social (pedagoxía, maxisterio, traballo social, psicoloxía, etc.).
  • Curso de Monitor de Tempo Libre
  • Valorarase experiencia. 
Máis información: http://www.fesan.org/index.php?s=74&i=62

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CONVOCOU 2 PRAZAS DE PERSOAL PARA COLABORAR EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN


Prazas ofertadas segundo a titulación requirida:
- Licenciado/a ou Grao en Matemáticas (15 meses)
- Licenciado/a ou Grao en Enxeñería Química (12 meses)

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 21 de maio de 2014

http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-129 

Concello de Lugo

Convocatorias de 4 procesos selectivos para cobertura temporal prazas de auxiliar do fogar, axudante de cociña e limpeza, oficial cociñeiro/a e operario cemiterio municipal 

Máis información: http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227525474511&idioma=gl&pagename=Lugo/Spark_Novas/LugoNoticiaDetalle

DIPLOMADO/A EMPRESARIAIS

Empresa de Portomarín selecciona contable.

Requisitos mínimos:
  • Diplomatura en Empresariais
  • Experiencia no mesmo posto de 2 anos.
Interesados/as enviar CV a: olga.portomarin@gmail.com

5/5/14

Xuventude pon en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos


Ofértanse os idiomas de inglés, alemán, francés, italiano, portugués e ruso con estadías en residencias, pisos de estudantes ou con familias en países dos cinco continentes
Poden optar a esta iniciativa, cuxo prazo de inscrición xa está aberto, os mozos e mozas entre os 14 e os 30 anos
O prazo para solicitar as prazas é aberto, tendo que facer a inscrición con 15 días de antelación entre os meses de xaneiro a maio e, de outubro a decembro, e con 30 días entre xuño a setembro

A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Desde hoxe está dispoñible na web http://xuventude.xunta.es/ a información de esta iniciativa que se organiza en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia. Os idiomas que se ofertan nos cursos que se realizan en países dos cinco continentes son inglés en Reino Unido, Irlanda, Australia, Canadá, Estados Unidos, Malta, Nova Zelanda e Sudáfrica; alemán en Alemaña e Austria; francés en Francia; italiano en Italia; portugués en Portugal e ruso en Rusia.
A duración dos cursos é semanal, como mínimo de dúas semanas, e o número de leccións varía dun curso a outra, así coma o horario. Para o aloxamento ofrécense diversas opcións: en familia, residencia ou pisos de estudantes.
Os prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Os mozos e mozas con carné xove terán un 6 por cento de desconto sobre os prezos do curso.
O prazo de solicitude é aberto, é dicir, só é necesario facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes en tempada alta (de xuño a setembro). Para as accións formativas en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.
Para inscribirse no curso tense que chamar ao teléfono 981 544 840 ou ben enviando un correo electrónico co asunto ‘cursos de idiomas no estranxeiro’ ao enderezo idiomas@xunta.es