30/4/14

Bolsas Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) e Fundación Alcoa


A FEUGA e a Fundación Alcoa poñen en marcha unha iniciativa para facilitar que 50 mozos e mozas desempregados benefíciense dun programa de desenvolvemento profesional que facilite a súa inserción laboral. FEUGA proporcionaralles formación teórica e posibilitaralles gozar dunha bolsa retribuída de dous meses nunha peme industrial operativa na Comunidade.
Procederase á selección do/a bolseiro/a que debe estar en posesión dun título universitario ou de Formación Profesional, ter entre 18 e 24 anos e cumprir as condicións establecidas para obter unha bolsa FEUGA. A selección final/entrevista do/a bolseiro/a realizarase na sede da devandita entidade.

29/4/14

1 ARQUEÓLOGO/A PARA MONDOÑEDO



O Concello de Mondoñedo abre proceso de selección e posterior nomeamento dun funcionario interino para un emprego de arqueólogo/a guía para a Cova do Rei Cintolo.
Requisitos:
Licenciatura en Historia ou Título de Grao en Historia.
O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 8 de maio de 2014


Cursos de idiomas no estranxeiro 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de CURSOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO 2014.
Máis información: http://xuventude.xunta.es/cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.html

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE.


Convocatoria de 5 plazas de profesores de Educación Secundaria Obligatoria (concurso-oposición, acceso libre).
- 2 plazas de profesor de Matemáticas para Ceuta.
- 3 plazas de profesor/a de Lengua Castellana y Literatura para Melilla.
Plazo: hasta el 19/05/2014.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2014/04/29/pdfs/BOE-A-2014-4541.pdf

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca 8 prazas:



- 1 Licenciado/a en veterinaria. Solicitudes ata o 2 de maio.
- 1 Técnico/a Superior de FP en análise e control, en fabricación de produtos farmacéuticos e afíns, en industria alimentaria, en industrias de proceso químico ou en química ambiental . Solicitudes ata o 2 de maio.
- 1 Técnico/a Superior de FP en análise e control ou en industria alimentaria. Solicitudes ata o 2 de maio.
- 1 Técnico/a Superior de FP en análise e control. Solicitudes ata o 2 de maio.
- 2 Ténicos/as Superiores de FP en explotacións agrarias extensivas, explotacións agrarias intensivas ou en traballos forestais e conservación do medio rural. Solicitudes ata o 5 de maio.
- 1 Técnico/a Superior de FP en instalacións electrotécnicas. Solicitudes ata o 5 de maio.
- 1 Licenciado/a en Ciencias Químicas . Solicitudes ata o 5 de maio.
- 1 Doutor/a en Física.  Solicitudes ata o 5 de maio.
- 1 Licenciado/a en Ciencias Químicas .Solicitudes ata o 5 de maio.


BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS



Van dirixidas a persoas novas desempregadas inscritas na oficina de emprego, con idades comprendidas entre 18 e 25 que realicen prácticas non laborais nestas empresas.
Serán beneficiarias empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais
Prazo de solicitudes por parte das empresas: ata o 15 de Novembro
A preselección de candidatos a fará o SPE e os presentará á empresa que fará a selección final.