14/3/14

Buscamos coordinador/a de produción

Na Navalla suíza estamos buscando unha persoa que se una ao noso equipo para coordinar a produción. A razón é o aumento da carga de traballo e a necesidade de distribuír as tarefas de forma máis efectiva. A data prevista de incorporación é entre 14 e o 21 de abril. En principio, requiriría que traballases no noso HQ do Milladoiro (Ames).

Importante: cando dicimos produción referímonos ao proceso de desenvolvemento de proxectos web que, na maioria dos casos, achégase máis ao desenvolvemento de software que ao de produtos audiovisuais.

Que precisamos?

  • Que teñas experiencia na xestión e coordinación de equipos de traballo, a ser posible tecnolóxicos.
  • Boa organización e capacidade para a planificación. Experiencia con ferramentas visuais para a organización do traballo.
  • Moita empatía, tanto para falar con clientes como co resto dos que traballamos na Navalla suíza (polo de agora oito seres humanos e unha cadela).

Que valoramos?

  • Que teñas coñecemento de metodoloxías de organización de equipos de traballo e familiaridade con metodoloxías de desenvolvemento de software.
  • É moi recomendable que teñas un certo background do sector web.
  • E que controlases algo de inglés.

Ata cando dura esta oferta?

Ata o venres 28 de marzo de 2014, ao mediodía (12pm).

Cales son as condicións?

  • Xornada completa (7 horas diarias). Podería estudarse unha contratación a media xornada se necesitases un período de transición.
  • Esa xornada sería cun horario flexible, pero habería un tempo de permanencia que habería que acordar.
  • Soldo: 1260€ netos mensuais.
  • Contratación indefinida.
  • Facilidades para o transporte público, para a realización de actividades deportivas e para que coides da túa familia.
  • Instalacións para poder comer na empresa se queres, e froita e merendas por conta nosa.
  • Se tes que vir dende lonxe para traballar con nós, dispoñemos de ata 1.000€ para axudarte co cambio de vida, en función de como de lonxe esteas.
  • Non deberías ter alerxia aos cans, pola cadela que mencionamos antes e que se chama Lula.

Cal vai ser a túa misión?

  • Ordenar o calendario de traballo e planificar a produción.
  • Controlar a execución dos traballos en prazo e buscar solucións aos problemas e atascos de produción.
  • Coordinar o traballo cos distintos equipos e cos líderes de proxecto.
  • Coordinarte coa área económica.
  • Axudar na xestión diaria da oficina, desde a relación cos clientes á realización de pequenos recados puntuais.

Que nos tes que enviar?

Envíanos o teu CV e/ou 1-3 parágrafos explicando quen es e o que sabes facer, e cales son os teus valores para este posto. Isto último sería preferible.

Máis información  http://anavallasuiza.com/jointheknife/

COMPETENCIAS CLAVE: ABERTO PRAZO PARA INSCRIBIRSE

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

 Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

 Presentación de solicitudes e prazo
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude segundo o modelo que se establece no anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións debidamente cuberta.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2014.
3. O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/
4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

12/3/14

Convocatoria para profesorado interino en varios países 10/03/2014

 Portugal Para traballar no Instituto "Giner de los Ríos" de Lisboa.Ata o 20 de marzo. EP e PES: varias especialidades.

Máis información: https://www.mecd.gob.es/portugal/convocatorias-programas/convocatorias-portugal/interinos-portugal.html

 Suiza e Austria (Viena)  Para traballar nas agrupacións de lingua e cultura españolas de Suiza e na aula de Viena para o curso 14-15. Ata o 17 de marzo. Só para EP (mestres). Hai que ter coñecementos de alemán e/ou francés para Suiza e Alemán para Austria.

Máis información: http://www.mecd.gob.es/suiza/convocatorias/convocatorias-y-programas/Interinos/Curso-2013-2014-Suiza-y-Austria.html

 Países Baos  Para traballar nas seccións españolas nos Países Bajos. Para Profesorado de Secundaria especialidade Lingua Castelá e Literatura. Prazo do 8 ao 24 de marzo. Necesítase coñecemento de Neerlandés.

Máis información: http://www.mecd.gob.es/paisesbajos/convocatorias/convocatorias-paisesbajos.html

TRAGSA:100 PRAZAS CAMPAÑA DE INCENDIOS 2014



Convocatoria para cubrir 100 prazas de Técnico/a de Base para o Servizo de Coordenación Nacional de Incendios Forestais
Requisitos:
  • Ter concluído os estudos conducentes á obtención de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal ou Graduado equivalente.
  • Dispoñer de carné de conducir tipo B (B1). (Os Técnicos de UMMT deberán ter polo menos 3 anos de antigüidade no Permiso de conducir)
  • Dispoñer de vehículo propio.

O prazo para presentación de candidaturas finalizará o 20 de marzo de 2014

11/3/14

Bolsas para cursos de idiomas no estranxeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia, para o curso 2013/2014.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 30 de agosto de 2014, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 €.
Requisitos:
- Estar matriculado/a no curso 2013/14, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado no momento da presentación da solicitude 60 créditos na titulación que está a realizar.
- Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1.º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1.º e 2.º ciclo.
- Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de abril de 2014.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 7 de marzo de 2014 e en www.edu.xunta.es

CELGA: CONVOCATORIA PROBAS CELGA 2014

Datas de realización das probas:

  • Celga 4: 14 de xuño de 2014.
  • Celga 2: 15 de xuño de 2014.
  • Celga 3: 21 de xuño de 2014.
  • Celga 1: 22 de xuño de 2014.
  O prazo para presentar as solicitudes : ata o día 11 de abril de 2014 (inclusive).

Máis información:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140311/AnuncioG0164-060314-0001_gl.html

XUNTA DE GALICIA: LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL ABERTAS

Inclusión nas listas. Decreto 37/2006

Documentación que se debe presentar

Os documentos que deberán presentar os interesados para a inscrición nas listas de contratación temporal son os seguintes:
Solicitude de inscrición debidamente cuberta. O modelo de solicitude de inscrición nas listas de contratación temporal e nomeamento de persoal interino estará a disposición dos interesados, a partir do 1 de marzo deste ano, na páxina web da Xunta de Galicia, no apartado de listas de contratación temporal. Esta solicitude deberá ser presentada nos rexistros da Xunta de Galicia ou demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, xunto co resto da documentación requirida.
Impreso de pagamento da taxa. Segundo o disposto no anexo I da Lei 6/2003, do 9 de decembro de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, modificada pola Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, o importe da taxa por inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma é para o ano 2014 de 16,98 €.
De acordo co establecido no artigo 23 da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia estarán exentos do pagamento da taxa para a inscrición nas listas de contratación:
  • Persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%. Esta circunstancia acreditarase coa copia compulsada do certificado de discapacidade ou da resolución pola que se declara a incapacidade permanente total.
  • Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Este extremo acreditarase coa copia compulsada do título de familia numerosa.
  • Persoas que figuraren como demandantes de emprego dende, polo menos 6 meses antes á data de convocatoria. Será requisito para o goce da exención do 50% do importe da taxa que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. A acreditación desta situación farase coa certificación expedida pola oficina de emprego no que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego dende, polo menos, o 1 de setembro de 2013 ata a data da súa solicitude e que na data da solicitude non percibe prestación ou subsidio por desemprego.
Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
Fotocopia, debidamente compulsada, que acredite a titulación requirida e os demais requisitos da lista.
De conformidade co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, non será necesaria a presentación da fotocopia do DNI xunto coa instancia de inclusión nas listas, sempre e cando o interesado manifeste o seu consentimento expreso, que deberá constar na mesma solicitude, para que o órgano competente poida acceder á comprobación dos seus datos de identidade.

Máis información: http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

O Concello de Chantada convoca 8 prazas para prestar servizos na piscina municipal


  • DIRECTOR/A DO DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN (xornada completa). Titulación esixida: Grao universitario, licenciatura universitaria ou titulacións académicas equivalentes.
  • RESPONSABLE TÉCNICO DEPORTIVO (xornada completa). Titulación esixida: Grao de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Licenciatura de Ciencias de Actividades Físicas e do Deporte (CAFD), Grao ou Diplomado en Profesorado de EGB, especialidade en Educación Física ou titulacións similares expedidas polas Facultades de Formación do Profesorado (antigas Escolas de Maxisterio) coa especialidade en Educación Física.
  • SOCORRISTA (xornada completa). Titulación esixida: Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
  • MONITOR/A I (1/2 xornada). Titulación esixida: Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, Bacharelato, Graduado ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
  • MONITOR/A II (3/4 xornada). Titulación esixida: Técnico Superior en Animación de
    Actividades Físicas e Deportivas, Bacharelato, Graduado ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
  • AUXILIAR DE MANTEMENTO E RECEPCIÓN (xornada completa). Titulación esixida: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
  • OPERARIO/A DE LIMPEZA I (xornada completa). Titulación esixida: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.
  • OPERARIO/A DE LIMPEZA II (3/4 xornada). Titulación esixida: Titulación esixida: Graduado en ESO, Graduado Escolar e equivalentes.

Sistema de selección: concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 21 de marzo.
Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_ultimoBOP.jsp&codbusqueda=305&language=gl&layout=p_20_contenedor1.jsp

10/3/14

BOLSAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑA

Se convocan, en régimen de concurrencia competitiva, un máximo de 2.000 becas para la estancia y participación en un programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España de una semana de duración cada una de ellas, en régimen de internado y pensión completa, a partir del 30 de junio y durante el mes de julio de 2014.
 . Beneficiarios.
Serán requisitos necesarios para optar a estas becas:
a) Haber nacido entre el 1 de enero de 1994 y el 31 de diciembre de 1997 y estar matriculado en el curso 2013-2014 en cualquier curso de alguno de los siguientes estudios:
Bachillerato,
Enseñanzas profesionales de música y danza,
Grado medio de Formación Profesional,
Grado medio de artes plásticas y diseño,
Grado medio de enseñanzas deportivas y
Enseñanzas de idiomas de nivel intermedio o avanzado.
b) Haber obtenido en el curso 2013-2014 la condición de becario del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte conforme a la Resolución de 13 de agosto de 2013, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan becas y ayudas al estudio de carácter general y de movilidad, para el curso académico 2013-2014, para alumnado que curse estudios postobligatorios. (BOE de 19 de agosto).
c) Todos los solicitantes deberán acreditar tener totalmente aprobado el curso inmediato anterior, con una nota final mínima de 7 puntos en la asignatura de inglés. En el caso de solicitantes que estén matriculados en enseñanzas bilingües pero no hayan cursado la asignatura de inglés como materia individualizada el curso anterior, se tendrá en cuenta la calificación obtenida en la asignatura de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obligatoria.
d) Estar situado en un lugar del orden de prelación de solicitudes que le permita la obtención de una de las becas convocadas.

CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2014

Prazo de inscrición nas probas de acceso:
  • Ciclos formativos de grao medio: entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140310/AnuncioG0164-050314-0003_gl.html
http://www.edu.xunta.es/web/node/11917