7/2/14

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autó­noma de Galicia.

Calendario das probas 2014

1. Datas de inscrición: 17 ao 28 de febreiro.

2. L
ugares para realizar a inscrición:
Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3, 15003, A Coruña.
IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705, Santiago de Compostela.
Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo.
Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior, 4, 32002, Ourense.
Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002, Pontevedra.
Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.
3. Data de celebración da proba: 25 de abril.
4. Lugar de celebración da proba para o alumnado de toda Galicia: IES San Clemente,
Santiago de Compostela.

Máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

MINISTERIO EDUCACIÓN- PLAZAS AUXILARES CONVERSACIÓN


Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan plazas para auxiliares de conversación españoles en centros educativos públicos EN PAÍSES EXTRANJEROS para el curso académico 2014-2015.

Máis información: http://boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-1202

PROBAS EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
  Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS 2014

ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014.

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2014 nas seguintes especialidades:
Operador/ora industrial de caldeiras.

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Instalador/ora de gas, categoría A.

– Instalador/ora de gas, categoría B.

– Instalador/ora de gas, categoría C.

– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.