17/1/14

PRÓXIMOS CURSOS PARA DESEMPREGADOS/AS MENORES DE 30 ANOS EN LUGO (CIDADE) E SARRIA

  •  MANTEMENTO E MONTAXE MECÁNICA DE EQUIPO INDUSTRIAL (IMAQ0108) (590 horas) , IES Gregorio Fernández (Sarria)
  • EFICIENCIA ENERXÉTICA DE EDIFICIOS (ENAC0108) (920 horas), CIFP As Mercedes, Lugo.
  • MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS (MAR0108), (540 horas), CIFP As Mercedes, Lugo.
  • MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS DOMÓTICOS E INMÓTICOS (ELEM011)., (480 horas), CIFP Politécnico de Lugo.
  • XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (SSCG0111), (310 horas),  CIFP Politécnico de Lugo.
  • MONTAXE E POSTA EN MARCHA DE BENS DE EQUIPO E MAQUINARIA INDUSTRIAL (FMEE0208), (690 horas), CIFP Politécnico de Lugo. 

CONVOCATORIA DE 76 BOLSAS: BECAS FormARTE de formación e especialización en actividades e materias de competencia das institucions culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.


Áreas de Museoloxía, Xestión Cultural, Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arquivística, Biblioteconomía e Documentación, Artes Gráficas e Fotografía.

Data de publicación:15 de enero de 2014
Data límite de presentación:1 de febrero de 2014

Máis información: http://www.mcu.es/becas/BecasFormacEspec2014.html

14/1/14

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO

ORDE do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
– Historia.
– Historia da Arte.
– Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
– Arqueoloxía.
– Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
3. Non desfrutar con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) en bolsas das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.

O importe de cada bolsa será de seis mil euros (6.000 €).