24/8/13

CONCELLO DE PORTOMARÍN: SELECCIÓN DE 2 LIMPADORES/AS

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL DE DOUS/DÚASLIMPADORES/AS DE EDIFICIOS MUNICIPAIS E OUTRAS DEPENDENCIAS (SUBSTITUCIÓN MENTRES NON SE DESENVOLVA O PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN DAS PRAZAS COMO PERSOAL LABORAL FIXO) MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN.-
A contratación é como persoal laboral-temporal, a tempo parcial (30 horas semanais, equivalentes a un 75% da xornada) e a duración do contrato extenderase ata a data de provisión das prazas con persoal laboral fixo, é dicir, ata a definitiva provisión das prazas creadas por acordoPleno do 29 de maio de 2.013, unha vez a lexislación o permita. Contrato de interinidade previsto no artigo 4 doR.D. 2720/1998, do 18 de decembro, que desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores..

A presente convocatoria publicarase íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de
Anuncios do Concello, e un extracto da mesma na páxina web do Concello

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación das bases íntegras no Boletín Oficial da Provincia

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_8584_1.pdf#PAGE=34

23/8/13

Deputación de Pontevedra


Educador, Técnico especialista en educación nocturna, Técnico especialista en educación diurna, Diseñador gráfico, Auxiliar técnico de gabinete didáctico, Oficial de cociña, Oficial de comedor, Auxiliar administrativo, Auxiliar de información e xestión tributaria, Operario subalterno de servizos varios, Operario especialista conductor de brigadas, e Peón de limpeza de excavacións arqueolóxicas.


Máis información: http://www.depo.es/documents/1076146/1486716/bolsa_de_empleo_bases+gab+2.pdf/070103d0-c7fe-4e40-ba63-7e7e33bb7c25

http://www.depo.es/web/edepo/1026