2/8/13

CONCELLO DE PORTOMARÍN: DIPLOMADO/A EN TURISMO

O Concello de Portomarín oferta unha praza de laboral temporal de un Diplomado/a en Turismo para o Servizo de Información Turística.
Bases publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web (www.concellodeportomarin.es).

Lugar e data de presentación dos/as candidatos/as para a valoración de méritos o día 8 de agosto ás 10:00 horas na Casa do Secretario no Concello de Portomarín.

Oferta de emprego: XEFES DE OBRA E TÉCNICOS SUPERIORES DE PREVENCIÓN PARA EMPRESA DE MONTAXES

Experiencia en petroquímicas e refinerías.

Interesados enviar CV ao fax:  902 030 409 ou e-mail a:  mmafer@mmafer.es

SECRETARIOS/AS XUDICIAIS SUBSTITUTOS/AS: CONVOCATORIA BOLSA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de secretarios xudiciais substitutos.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130802/AnuncioG1722-300713-1_gl.html

OBRADOIROS DE EMPREGO 2013

Traballo aproba 9 obradoiros na provincia de Lugo que beneficiarán a máis de 190 persoas desempregadas

 En concreto, os nove obradoiros corresponden a 21 concellos, xa que algúns organízanse de forma conxunta entre varias localidades: Burela, Cervo e Xove; Foz; Lugo; Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín; Pantón, Sober, e O Saviñao; Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade; Sarria; O Vicedo, Muras e Ourol; e Vilalba

Máis información: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0182/traballo-aproba-obradoiros-provincia-lugo-que-beneficiaran-mais-190-persoas-desempregadas

1/8/13

CONCELLO DA ESTRADA: NORMALIZADOR/A LINGÜÍSTICO/A

O Concello da Estrada presentou unha convocatoria para contratar 1 Normalizador/a lingüístico/a.

É requisito, entre outros: estar en posesión do título de Licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía
galega ou filoloxía hispánica (sección galego-potugués) ou outras titulacións superiores
pertencentes á área de humanidades ou de ciencias xurídicas sociais, sempre que estén en
posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5). Estos profesionais deberán ter a
categoría profesional de licenciados/as.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo finaliza o 1 de agosto.

DOCENTE CURSO:INGLÉS NA RELACIÓN CO CLIENTE

OFERTA DE EMPREGO: DOCENTE

Seleccionamos docente para impartir un módulo de "Inglés na relación co cliente":
- Duración: 90 horas
- Datas: 23 de agosto a 11 de setembro 2013
- Horario: 8:00 a 14:30
- Lugar: Oleiros

Requisitos:
- Lic. en Filoloxía inglesa, Lic. en tradución ou interpretación ou certificado de aptitude da Escola Oficial de Idiomas de nivel avanzado.
- CAP, Formador de Formadores, Formador Ocupacional ou Metodoloxía Didáctica.
- Experiencia profesional en actividades administrativas na relación co cliente.

As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura a través do correo electrónico info@formacionytrabajo.com