2/3/13

CONCELLO DO CORGO: PRAZA AUXILIAR ADMINISTRATIVO


BASES PARA CUBRIR, INTERINAMENTE, MEDIANTE OPOSICIÓN LIBRE, UNHA PRAZA DE AUXILIAR 
ADMINISTRATIVO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL. 
 
 

CONCELLO DE BURELA: SELECCIÓN DIPLOMADO/A ENFERMERÍA/ATS

CONVOCATORIA DE PROCESO DE SELECCION DE DIPLOMADO EN ENFERMERIA/ATS, PARA LA UNIDAD ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE BURELA.

CONSULTAR LAS BASES DE LA CONVOCATORIA EN EL REGISTRO GENERAL DEL AYUNTAMIENTO DE BURELA. EL PLAZO DE PRESENTACIN DE SOLICITUDES ES DE SIETE DÍAS NATURALES DESDE  1 MARZO 2013

1/3/13

CONCELLO DE REDONDELA: PRAZA DE EDUCADOR/A SOCIAL


ANUNCIO polo que se fan públicas as bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de educador/a social.
As bases xerais que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela, que se publicaron no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 175, do 10 de setembro de 2008, coas rectificacións publicadas no Boletín Oficial da provincia, número 47, do 10 de marzo de 2009, e número 29, do 10 de febreiro de 2012, así como as bases específicas que foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia, número 200, do 17 de outubro de 2012, e a rectificación publicada no Boletín Oficial da provincia, número 21, do 30 de xaneiro de 2013, regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a seguinte praza vacante de persoal laboral fixo no Concello de Redondela:
– 1 praza de educador/a social, equiparada ao grupo A2 da función pública, por oposición libre.

OBRA SOCIAL "LA CAIXA" : BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS

La Obra Social "la Caixa" convoca 145 becas para cursar estudios de postgrado en España, Europa, América del Norte y Asia

Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

28/2/13

Curso gratuito on-line  para aprender a enfrentarse a cualquier tipo de test psicotécnico.   

Máis información:  http://www.psicotest.es/Informacion.html


27/2/13

EDUCADOR/A SOCIAL PARA A FUNDACIÓN NEGREIRA

A fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Negreira, busca un Educador/a Social para desenvolver o Programa de Vida Independiente durante un ano, a media jornada.
Os interesados/as poderán deixar os seus currículums axuntando méritos e acreditación da experiencia profesional no Rexistro da Fundación situada en R/ Prolongación Club Deportivo de La Coruña, ata o 4 de marzo.
Contacto.
Rúa Castelao s/n 15830 Negreira (A Coruña)
Teléfono 981 881 757  Fax 981 881 757
email: fundacionnegreira@gmail.com

CONCELLO DE SOBER: CONVOCATORIA PRZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

 Auxiliar administrativo, Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar de Administración Xeral, Titulo de graduado en educación secundaria obrigatoria our equivalente; Sistema deselección : concurso oposición; número de vacantes: unha.

Máis información:http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7783_1.pdf#PAGE=26

26/2/13

PLAN FORMATIVO DEPUTACIÓN DE LUGO


Aberta a inscrición no plan Fórmate en Verde, co que a Deputación formará gratis a 900 persoas no sector agropecuario e forestal

Os interesados deben entrar en www.deputacionlugo.org escoller a actividade na que queren formarse –agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica ou xestión forestal sostible-, cubrir o formulario de inscrición correspondente e envialo directamente dende a mesma web
Os cursos comezarán en marzo, de maneira progresiva, a medida que se vaian cubrindo as prazas dispoñibles do programa
Os participantes recibirán formación, prácticas reais nunha explotación consolidada e asesoramento técnico especializado para crear, reconverter ou diversificar a súa empresa
Escolle o sector no que queres formarte e inscríbete:

  • http://www.planintegralgandeiro.info
  • http://www.planintegralagricola.info
  • http://www.planintegralforestal.info

  • A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición no seu novo plan de emprego Fórmate en Verde, a través do dará formación e asesoramento técnico especializado, de maneira totalmente gratuíta, a 900 lucenses para que creen ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible. Para anotarse, as persoas interesadas deben entrar na páxina web www.deputacionlugo.orgescoller a actividade na que queren formarse, cubrir o formulario de inscrición correspondente e envialo directamente dende a propia web. Os cursos comezarán o vindeiro mes de marzo, de maneira progresiva, a medida que se vaian cubrindo as prazas dispoñibles do programa. Os participantes recibirán formación, prácticas reais nunha explotación consolidada e asesoramento técnico especializado para crear, reconverter ou diversificar a súa empresa.
    Desta oportunidade de futuro poden beneficiarse desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.
    Por toda a provincia
    A Deputación descentralizou as accións formativas en función do peso específico de cada rama obxecto do programa nas comarcas lucenses. Deste xeito, a vinculada á xestión forestal impartirase na Mariña, unha zona que concentra o 30% das empresas lucenses dedicadas ó sector da madeira.
    Seguindo este mesmo criterio, as actuacións vinculadas á gandería ecolóxica terán lugar na zona centro da provincia, dado o importante número de explotacións de carne ou leite coas que contan os concellos das comarcas de Lugo, Terra Chá e A Fonsagrada. Cada municipio conta con entre 400 e 1.000 explotacións. O centro de referencia da formación será a Granxa Gayoso Castro.
    Polo que respecta á agricultura ecolóxica, as accións desenvolveranse na Zona Sur, tendo en conta que nas comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte alberga a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Neste caso, o Pazo de Tor será o centro de referencia.
    Formación, práctica e asesoramento
    O plan de emprego Fórmate en Verte, con un ano de duración, ten tres eixos:
    - Formación: que poderá ser presencial, a distancia ou mixta, e impartirase entre os meses de marzo e outubro.
    - Visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal.
    - E, posteriormente, asesoramento técnico especializado a tódolos participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores forestal, gandeiro e agrícola. As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa, contarán con asesoramento continuo e especializado, dende a mesma concepción da idea, ata a súa saída ó mercado. Terán ademais á súa disposición unha canle de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación que conta hoxe con 80 empresas e 400 produtos e servizos.

    25/2/13

    Convocatoria de Interinos españoles para trabajar en Alemania

    La Consejería de Educación de la Embajada Española en Alemania convoca un proceso público para la formación de listas de aspirantes a cubrir vacantes o sustituciones en régimen de interinidad de profesorado español en aquel país, de las  especialidades de: Geografía e Historia y de Lengua Castellana y Literatura.
    Algunos requisitos:
    • Estar en posesión de la titulación que acredita la cualificación para impartir la correspondiente especialidad.
    • Tener la formación pedagógica y didáctica necesaria.
    • Conocimiento de la lengua alemana, que se acreditará mediante alguno de los títulos que se indican en las bases.
    • Tener acreditada su residencia en Alemania en el momento en el que se le nombre como funcionario interino.

    El plazo de presentación de solicitudes finaliza el día 26 de febrero de 2013.

    Máis información: http://trabajarporelmundo.org/convocatoria-de-interinos-espanoles-para-trabajar-en-alemania/

    Profesor de español en Londres



    The School21, escuela secundaria fundada en septiembre de 2012 ubicada en Londres se encuentra buscando a un profesor de español para el próximo curso 2013/2014.
    El candidato ideal deberá compartir los valores de la escuela. Además de la docencia de español, se espera que el candidato se implique activamente en otras actividades de la escuela. Especialmente en sus funciones de tutor o mentor de los alumnos (más allá de la asignatura que imparta).
    Requisitos
    • Licenciado
    • Cualificado para enseñar en Reino Unido
    • Cualificado para trabajar en Reino Unido: QTS o equivalente
    • Dominio de inglés
    • Experiencia docente
    Plazo: 26 febrero 2013


    BOLSAS FUNFACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA CONDE DE FENOSA

    Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa
    ANUNCIO do 30 de xaneiro do 2013 polo que se convocan 45 bolsas no estranxeiro para o ano 2013.
    Bolsas posgrao no estranxeiro 2013.

    Búscanse licenciados/graduados/enxeñeiros/máster/doutores con excelente traxectoria académica, investigadora e/ou profesional, dominio da lingua de traballo no centro de destino, vinculación con Galicia e un proxecto con potencial de retorno. A convocatoria está aberta a todas as áreas de coñecemento, aínda que se dará prioridade aos proxectos de maior impacto potencial para España e particularmente, para Galicia.
    A Fundación Barrié convoca 45 bolsas coas seguintes características:
    – 30 bolsas predoutorais para a mobilidade internacional, con dúas modalidades:
    – Modalidade A: ata 25 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos con vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
    – Modalidade B: ata 5 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos sen vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
    – 5 bolsas posdoutorais para a mobilidade internacional co fin de facilitar estadías de investigación de doutores en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 24 meses.
    – 10 bolsas para a realización de estudos de máster no estranxeiro nos mellores centros académicos e investigadores do mundo por un período máximo de 24 meses.


    A Consellería de Sanidade abre un novo prazo para a inscrición de aspirantes en cinco novas categorías 

    O prazo de inscrición para as categorías de:

    1. Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
    2. Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
    3. Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
    4. Cociñeira/o.
    5. Pinche.
      iniciarase o día 26 de febreiro.
    As solicitudes realizaranse nun formulario oficial a través do Fides/expedient-e no apartado de procesos dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). O acceso está aberto a todo o persoal interesado que reúna os requisitos e tamén para promoción profesional do persoal fixo.
    As persoas interesadas deberán acceder ao formulario, imprimilo e presentalo antes do 25 de marzo deste mesmo ano, prazo habilitado para a primeira xeración de listas. Ademais, dispoñen de medios técnicos para inscribirse nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde.

    Próximas listas
    As próximas listas a publicar con puntuación definitiva serán as de enfermería, matrona, enfermería 061, traballador social, psicólogo clínico e logopeda. Doutra banda, están en marcha os procesos de traslados internos do Hospital Lucus Augusti e da Xerencia de Atención Primaria da Coruña.
    O 12 de febreiro foron publicadas as listaxes co número de orde e puntuación provisional no proceso de traslados internos no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Este é o primeiro proceso de mobilidade interna, dirixida ao persoal fixo que se realiza a través do expediente electrónico dos profesionais, o que permitirá a axilización dos futuros procesos de mobilidade interna nos centros sanitarios.

    Máis información:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130225/AnuncioG0003-180213-0001_gl.html

    http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800


     

    PROBAS DE ACCESO CICLOS DE FP GRAO MEDIO

    Cultura e Educación abre este luns o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de grao medio

    Así, poderán presentarse a estas probas para acceder a graos medios quen non cumpran os requerimentos xerais para cursar estes estudos e teñan cumpridos os 17 anos – ou os cumpran no 2013-. Os interesados poden obter máis información no enlace web http://www.edu.xunta.es/fp/node/11249 .
    O prazo de inscrición estará aberto do 25 de febreiro ao 8 de marzo. As probas realizaranse o 23 de maio.
    Estrutura e organización
    A proba para o acceso ao grao medio organízase en tres partes, a sociolingüística, con exame de linguas galega e castelá e de ciencias sociais; a matemática; e a científico-técnica, con probas de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
    A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. A superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba, no marco da porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo que se estableza para estas probas.
    Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos en Galicia.