22/11/12

IBERIA EXPRESSS SELECCIONA TRIPULANTES DE CABINA DE PASAXEIROS


REQUISITOS:
  • Idade superior a 18 anos
  • Altura mínima 165 cm Nivel alto de castelán e inglés 
  • Fisicamente en forma e capaz de superar una avaliación médica 
  • Pasaporte europeo en vigor.
Máis información: http://www.iberiaexpress.com/empleo/

CONCELLO DE BÓVEDA: PRAZA DE AUXILIAR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA


- Obxecto desta convocatoria: a provisión como personal laboral interino dunha plaza de AUXILIAR DO
PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA,a xornada completa, (40 horas semanais), duración do contrato: tempo que dure a baixa laboral por maternidade da titular da praza
- Prazo presentación solicitudes: 5 días hábiles


- Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7324_1.pdf#PAGE=2

21/11/12

MONITORES RUTA QUETZAL 2013


Ruta Quetzal BBVA fai unha convocatoria para contratar monitores para a Ruta 2013.

Requisitos:
Idade mínima: 24 anos cumpridos.
Idade máxima: 28 anos.
Titulacións académicas: Licenciado, Grao, Máster ou Doutor.
Titulacións específicas: Socorrista acuático e terrestre.
Enviar Currículo (achegando foto tamaño carné)

Ademais dos requisitos imprescindibles valoraranse os seguintes aspectos:
Escrito dirixido á organización comentando as razóns polas que o candidato/a se presenta á selección de monitores/as.
Formación específica en técnicas e actividades de aire libre en alta montaña.
Experiencia na realización de campamentos e actividades de longa duración con mozos.
Formación académica sobre cultura, historia e xeografía de Hispanoamérica, especificamente dos países que visita a Expedición.
Dedicación profesional, estudos actuais e deportes que práctica.
Ter sido expedicionario dalgunha edición de Ruta Quetzal ou Aventura 92.
Titulación de Educación Física e Deportes.

Fases da selección

1ª Fase:
Ata o 15 de febreiro (inclusive): Presentación do currículo.
5 de marzo: Publicación na Web da lista de preseleccionados.
2ª Fase:
16 de marzo: Entrevista persoal aos preseleccionados e valoración de coñecementos xerais sobre os contidos do programa Ruta Quetzal BBVA 2013.
19 de marzo: Publicación na Web da lista de preseleccionados.
3ª Fase:
Do 22 ao 24 de marzo: Realización das probas de aptitude.
4ª Fase:
25 de abril: Publicación na Web dos monitores seleccionados para a expedición.

Envío de currículo
Por correo ordinario:
Ruta Quetzal BBVA (Selección de Monitores)
C/ Burgos n.º 19.
Urbanización a Cabana
28223 Pozuelo de Alarcón.
Madrid
Por correo electrónico: rutaq1@terra.es

Todos os monitores/as seleccionados para participar na expedición Ruta Quetzal BBVA 2013 realizarán a súa actividade como voluntariado de forma intensiva e continua, dende o 18 de xuño ata o 25 de xullo de 2013.

Máis información:  http://www.rutaquetzalbbva.com/TLRQ/index.php?id=343

20/11/12

Bolsas Leonardo da Vinci para profesionais da hostelería


Está aberto o prazo de envío de solicitudes para realizar prácticas de mobilidade dentro do programa Leonardo da Vinci en Italia, na cidade de Arezzo, e en Portugal, en Viseu.

As bolsas forman parte do proxecto Hosteleros de Europa que promove a Escola de Hostelería Alvaro Cunqueiro e poden participar profesionais e persoas con experiencia nos sectores da hostelería, restauración, turismo, organización de eventos, xestión hoteleira, administración.

Os requisitos mínimos que se piden son:

  • Residir ou ter nacido na Comunidade Autónoma de Galicia

  • Non ser beneficiario doutra bolsa do mesmo Programa Leonardo da Vinci.

  • Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura/licenciatura) en hostelería, turismo, organización eventos, xestión hotelera, adminsitración e/ou sectores afines.

O prazo de inscrición remata a finais de novembro.

A convocatoria do proxecto, os formularios e toda a información adicional pode consultarse en:

www.corunahostelera.com

Tamén se poden solicitar en: becasleonardo@asociacionhosteleria.org ou no teléfono 981 173 256

BOLSAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL APLICADA


O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca 7 bolsas destinadas a titulados superiores universitarios, para a formación de postgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.
Requisitos: título graduado ou licenciado.
Os aspirantes á obtención desta bolsa deberán acreditar unha cualificación media final igual ou superior a un 1,8 (segundo o baremo de 1 a 4).
O desfrute das bolsas comezará en xaneiro de 2013 e concluirá en decembro de 2013.
A contía individual da bolsa será de 12.190 € anuais.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de decembro de 2012.
Máis información: http://boe.es/boe/dias/2012/11/17/pdfs/BOE-A-2012-14183.pdf

BOLSAS NO INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA


O Instituto Nacional de Estadística convoca 5 bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de postgraduados.
O período de desfrute de cada unha das bolsas será de doce meses, iniciándose o primeiro día do mes seguinte á comunicación da concesión da bolsa.
Requisitos dos solicitantes: título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de Grao, que deberá terse obtido durante os últimos tres anos anteriores á data da convocatoria das bolsas.
Prazo: 3 de decembro de 2012
Máis información: http://boe.es/boe/dias/2012/11/15/pdfs/BOE-A-2012-14103.pdf

BOLSAS DE EXCELENCIA EIFFEL EN FRANCIA


O Ministerio francés de Asuntos Exteriores e Europeos convoca as bolsas de excelencia Eiffel.
Este programa internacional está destinado a estudantes estranxeiros que queiran realizar un máster ou un doutorado en Francia, nos seguintes campos de estudos:

Ciencias de enxeñería para máster, Ciencias para o doutoramento (enxeñaría ciencias, ciencias exactas, como matemáticas, física, química e ciencias da vida, nano e bio-tecnoloxía, terra e ciencias ambientais e da información e ciencias da comunicación e tecnoloxía)
Economía e xestión
Dereito e Ciencias Políticas

A idade máxima dos candidatos será de 30 anos para o máster e 35 anos para o doutoramento.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2013.

Dotación:
para máster: 1.181 € mensuais, billete ida e volta, asistencia sanitaria e actividades culturais.
para doutoramento: 1.400 € mensuais, billete ida e volta, asistencia sanitaria e actividades culturais.


Máis información: http://translate.google.es/translate?hl=es&sl=fr&u=http://www.campusfrance.org/fr/eiffel&prev=/search%3Fq%3Dwww.campusfrance.org/fr/eiffel%26hl%3Des%26client%3Dfirefox-a%26hs%3DJr7%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26prmd%3Dimvns&sa=X&ei=fGerUNPOK5DhtQaV5oGABA&ved=0CCkQ7gEwAA

19/11/12

ALSA: ofertas de emprego para distintos puntos de España e para diferentes categorías

Máis información: https://www.alsa.es/nosotros/empleo-y-formacion/

CONCELLO DE LUGO: 7 PRAZAS DE TÉCNICO EN XARDIN DE INFANCIA

Concello de Lugo
ANUNCIO sobre as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de sete prazas de técnico en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as) deste concello.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.
Estas bases xerais foron modificadas por acordo da Xunta de Goberno Local e publicada esta modificación no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 244, do 23 de outubro de 2012, publicouse a resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:
Persoal funcionario (quenda libre):
– Resolución 12008591. 7 prazas de técnico/a en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as) encadradas na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C1. Sistema selectivo: oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.