16/11/12

BOLSAS DE FORMACIÓN DE POSGRUADOS RELACIONADOS COA AXENCIA AEMET

-Algúns requisitos:

Estar en posesión del título de licenciado, ingeniero o arquitecto, o de Grado, que deberá haberse obtenido durante los últimos nueve años anteriores a la fecha de la publicación de la presente Resolución. En el caso de estar en trámite dicho reconocimiento o convalidación en el momento de solicitarse la beca quedará, en su caso, condicionada la concesión de la misma a la obtención del reconocimiento o convalidación.

-Duración: 1 ano, contía: 1.150 euros mensuais

Máis información: http://boe.es/boe/dias/2012/11/16/pdfs/BOE-A-2012-14151.pdf

BOLSA FORMATIVA DE PATRIMONIO INMATERIAL PARA O SERVIZO DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2012 – 2013.

Requisitos específicos das persoas solicitantes:
Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademáis de reunir os requisitos xerais
establecidos na base terceira desta resolución:
- Ser licenciado/a en Xeografía e Historia
- Ser licenciado/a en Humanidades
- Ter coñecementos informáticos.
- Ter experiencia en materia de investigación no campo do Patrimonio Inmaterial
- Coñecementos de análise de contidos, catalogación e búsqueda documental
- Ter coñecementos en lingua galega
- Cantos outros estime oportunamente a Comisión de Valoración para a mellor valoración da
idoneidade (aptitude e actitude) do bolseiro/a a seleccionar.

-Duración da bolsa: 12 meses
- Prazo para inscribirse: 10 días naturais

Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7291_1.pdf#PAGE=1

Convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

. Para un total de 900 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2), Servizos para o control de pragas (SEA028_2); Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2); Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2) e Información xuvenil (SSC567_3); segundo o disposto no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.
 - Para as cualificacións profesionais Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2) e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2), de acordo co disposto no punto 3 da base terceira da Resolución do 23 de novembro de 2011, onde se establecía que as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos de acceso, non entrasen nas prazas convocadas, poderían ser obxecto de asesoramento, avaliación e acreditación en etapas posteriores, sen necesidade de efectuar unha nova convocatoria; procédese a convocar para este procedemento:
 • Todas aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Resolución do 23 de novembro de 2011; son un total de 989 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e un total de 502 persoas na cualificación profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121116/AnuncioCA05-121112-0005_gl.html

BOLSA DE EMPREGO PARA ENFERMEIROS/AS

Convocada bolsa de empleo para enfermeros/as en la Agencia Sanitaria Costa del Sol
La Agencia Pública Empresarial Sanitaria Costa del Sol ha convocado un proceso para crear una bolsa de trabajo de profesionales de la enfermería que puedan cubrir las vacantes que se puedan producir en esta entidad pública. El plazo para presentar la candidatura termina el próximo 20 de noviembre.
Máis información: http://www.hcs.es/content/ofertas-de-empleo

RECOLLIDA DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

As persoas que o pasado 26 de setembro non recolleron a súa Acreditación de Unidades de Competencia
e, no seu caso, o Certificado de profesionalidade, das seguintes ocupacións:
  •  Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  •  Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  •  Confección e mantemento de artes e aparellos
  •  Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
Teñen á súa disposición, nas xefaturas territoriais correspondentes aos seus domicilios, os mencionados documentos.

Xefatura Territorial da Coruña
Servizo de Formación e Colocación
Avda. Salvador de Madariaga, 9 – 1º
15008 A Coruña
Xefatura Territorial de Lugo
Servizo de Formación e Colocación
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo

Xefatura Territorial de Ourense
Servizo de Formación e Colocación
Avda. da Habana, 79
32003 Ourense
Xefatura Territorial de Pontevedra
Servizo de Formación e Colocación
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo

14/11/12

Licenciada/o en Filoloxía Galega

UDC-Universidade da Coruña
Contrato na Facultade de Filoloxía da UDC para Licenciada/o en Filoloxía Galega. Cunha duración de 2 meses a tempo parcial.
- Categoría profesional: Grupo I
- Xornada: tempo parcial
- Duración: 7 meses
- Data aproximada de inicio: 01/01/2013

Coordinador de actividades na Escola de Piragüismo da Deputación de Lugo

A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (Suplusa)selecciona un coordinador de actividades que prestará os seus servizos, para esta Sociedade, con carácter temporal, ata o 30 de xuño de 2014 na escola de piragüismo dependente da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo e xestionada pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A.
Requisitos: os aspitrantes deberán estar en posesión do estar en posesión do título de BAC, ciclo superior de FP ou título equivalente, así coma ter capacitación para a supervisión técnica da instalación e aledaños, para a coordinación administrativa e control de funcionamento da instalación así como a capacidade de organización e dinamización de grupos humanos. Ter permiso de conducir B.
O prazo estará aberto durante 5 días, ata o 19 de novembro de 2012.
Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7271_1.pdf#PAGE=1