26/10/12

A Xunta destina 1,76 millóns de euros á posta en marcha de programas mixtos de formación e emprego na provincia de Lugo

Máis de 200 desempregados recibirán formación remunerada a través destes proxectos, que terán unha duración de 6 meses e están dirixidos a persoas en paro de 25 ou máis anos de idade

Máis información: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3819/xunta-destina-millons-euros-posta-marcha-programas-mixtos-formacion-emprego-provincia

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN: APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS (EXPRESIÓN CORPORAL)

ANUNCIO do 10 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de Expresión Corporal

 O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

 O modelo de solicitude estará á disposición dos interesados na páxina web da consellería, desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no enderezo http://www.edu.xunta.es (xestión de profesorado; interinos e substitutos).

 Requisitos dos candidatos e candidatas
a) Estar en posesión das titulacións que, para cada especialidade, se sinalan no anexo I deste anuncio.
b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente. (Título superior en Arte Dramática, especialidade Interpretación (opción Itinerario Corporal).

25/10/12

CONCELLO DE LUGO: sete prazas de Técnico/a en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as)

Proceso selectivo mediante o sistema de oposición, para o acceso en propiedade a sete prazas de Técnico/a en Xardín de Infancia (unha delas reservada a discapacitados/as), pertencentes ó cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda libre, que se rexerá tanto polas Bases Xerais
para o acceso en propiedade a plazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo. Concello de Lugo en quenda libre,o prazo de presentaciónde instancias será de vinte días naturais contados dende o seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.


Máis información: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7205_1.pdf#PAGE=13

23/10/12

APERTURA PARA SOLICITAR PRAZAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS NO CORPO DE PROFESORES/AS DE ENSINO SECUNDARIO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANUNCIO do 2 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas
de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario,

especialidade de análise e química industrial (590102); profesores técnicos
de formación profesional, especialidades de laboratorio
(591208), servizos
á comunidade
(591225) e soldadura (591228); profesores de música e artes
escénicas, nas especialidades de contrabaixo
(594406), gaita galega (594413)
e viola (594431), e profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de
materiais e tecnoloxía: deseño (595520).

Máis información: http://www.stegsindicato.org/UserFiles/Files/pdfs/bolsas_traballo/galiza/12_13/dog_23102012/solicitude_prazas_590102_591208_591225_591228_594406_594413_594431_595520_dog_23102012.pdf

Oferta Formativa Subvencionada 2012-2013 do FORGA

Xa está aberta a preinscrición na nova Oferta Formativa Subvencionada (Intersectorial) de cursos da convocatoria 2012-2013

Máis información: http://forga.info/web/novas/21-10-2012/oferta-formativa-subvencionada-2012-2013

SEAGA: LISTAS ABERTAS

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos SA (SEAGA) Informa:
Da apertura dun prazo para a presentación de solicitudes de incorporación ás listas previas de persoal temporal nas categorías de:
-peón e peón especialista.
-xefe de brigada e capataz.
-enxeñeiro técnico forestal.
-enxeñeiro técnico agrícola.
-enxeñeiro de montes.
-enxeñeiro agrónomo.
-auxiliar admtvo, e oficial admtvo.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2012.
Tfno: 981 546 127

22/10/12

Electromecánico/a (Lugo)

Adecco T.T., S.A. busca electromecánico/a para trabajar en una empresa de la zona de Viveiro

 Requisitos:
- Ciclo de Formación profesional de 2 Grado o equivalente.
- Reglamentación de Baja Tensión: R.E.B.T.
- Reglamentación de centros de transformación
- Reglamentación de líneas eléctricas aéreas
- Básico en PRL
- 5 años de experiencia en mantenimiento electromecánico.
- Se valorará experiencia en sector afín al Ciclo Integral del Agua
- Uso de software de gestión del mantenimiento preventivo.
- Nivel de inglés mínimo para interpretación de manuales técnicos.
- Carnet de conducir.
- Residencia en Viveiro o 30/40 km de distancia.



Máis información: http://www.computrabajo.es/bt-ofrd-grupoadecco-11393912.htm?CorreoE=juliarifer%40hotmail.com